Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

sábado, 17 de abril de 2010

Xunta e Asoporcel colaboran na recuperación do Porco Celta

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, asinou este venres en Lugo co presidente da Asociación de Criadores de Gando Porcino Porco Celta (Asoporcel), Manuel Losada, un convenio de colaboración para a recuperación, conservación e fomento desta raza autóctona, cuxo importe ascende a 280.000 euros, distribuídos en asignacións de 70.000 euros entre este ano e 2013.
O coordinador da asociación, José Antonio Carril, concretou que o volume de negocio dos criadores de Asoporcel é de 1,3 millóns de euros anuais ao ano. En 2009 sacrificáronse 1.000 animais, que de media alcanzaron os 140 quilos a canle. Cada quilo comercializouse a 3,20 euros.
Pola súa banda, o titular da Administración agraria galega explicou que, co acordo selado este venres, a Xunta "trata de apoiar aos criadores de porco celta" e destacou que o traballo da asociación é "a historia dun éxito na recuperación dunha raza autóctona". A este respecto, recordou que o porco celta estivo "case extinguido" en Galicia.
"Este convenio busca orientar aos gandeiros e para seguir adiante na recuperación do porco celta. De estar case extinguida, agora recupérase e ademais é un recurso económico moi importante nalgunhas zonas de Galicia, ata o punto de que é unha raza perfectamente preparada para estar nos mercados a nivel nacional", resaltou.
Progreso


Que é o Porco Celta?


A raza Celta era a máis importante en Galicia ata comezos do pasado século, sufrindo a partires de entonces unha continua reducción censal ocasionada pola importación de razas exóticas e polo cruzamento con estas; así no ano 1951 tan só un 14% do total era da raza celta para chegar posteriormente a case a desaparición no territorio nacional. Na  actualidade está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando como raza autóctona de protección especial o en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1997, polo que se traballa arduamente na recuperación do seu censo dende a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL), grazas o apoio da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.




Xamón celta a prezo de ibérico

O porco celta, empezou vendéndose en pucas carnicerías especializadas e parte como un produto de luxo: os gandeiros non se expón unha venda masiva en hipermercados e mentres a súa carne custa o dobre que a máis consumida -a de porco branco ou serrano-, os seus embutidos e salgaduras compiten en categoría co Xamon Ibérico de Bellota. O xamón desta raza autóctona galega despáchase hoxe ao mesmo prezo que o pernil de porco ibérico, e a famosa Corte Inglés vende o cuarto traseiro da marca Porco Celta A Fonsagrada, con tres anos de curación, a 70 euros.

Do mesmo xeito que o ibérico, o porco celta crece en liberdade, nos bosques de castiñeiros e carballos, en extensos terreos acoutados ricos en pastos e maizale. "mentres o porco estremeño "crece sempre ao mesmo ritmo e dá xamóns case idénticos", o galego alcanza con frecuencia pesos máis altos e non é fácil calcular o tempo de curación máis atinado. A solución non está en matar o animal cando chega a un determinado peso, porque é aos 13 meses cando se forma no seu corpo a graxa de infiltración, a apreciada veta propia do ibérico. Pero tamén do porco celta.

1 comentario:

  1. Un bo articulo, pero era importante poñer a fonte de onde proveñen as fotos

    ResponderEliminar