Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Enrique de Arce presenta o libro "Os Ancares, a serra esquecida"






Teófilo Edicións compila nun libro as reportaxes que en 1968 publicou Enrique de Arce para denunciar o illamento e o abandono no que vivía o pobo dos Ancares

O xornalista e escritor Enrique de Arce presentou onte en Santiago o seu último libro, ‘Os Ancares, a serra esquecida', no que aborda o illamento que sufrían as aldeas da Montaña a mediados do século pasado por culpa da súa localización xeográfica e polas malas vías de comunicación existentes por aquela época na zona.

"O xabaril empurra e lanza berros arrepiantes, quere proseguir a fuxida ao sentir coma o sangue se lle vai a esgalla, pero a efixie humana de tres corpos apértao fortemente coas puntas de ferro contra o chan. Xa non se pode mover, só pode berrar, e os seus agudos berros estarrecen aos cazadores, mais estes non soltan a presa, seguen fincando cos chuzos á besta contra a neve ata que, exsangüe, sen forzas e coas venas valeiras, o valente porco bravo morre sobre a xélida superficie tixinda de sangue e coa neve removida polos movementos bárbaros da liorta". 

O chuzo, unha lanza rudimentaria de madeira e con pico de ferro, utilizouse na caza do xabaril, na serra dos Ancares, até ben entrado o século XX. Así llelo relataban, en 1968, Perdigón e Domingo, dous homes de Piornedo, ao xornalista Enrique de Arce.

De Arce describe neste libro a situación marxinal que vivían por entón os habitantes desta zona, nun intento, segundo o propio autor, de retratar a realidade vivida por unha serra «tantas veces esquecida» co ánimo de «rescatar» aquel momento histórico «para as xeracións presentes e futuras»
.

viernes, 24 de septiembre de 2010

No camín pola Torre de Doncos



¿Que representa a néboa nun roteiro de sendeirismo? Desde o Chan de Vilar, parroquia de Nullán, nas Nogais, parte un caminiño que atravesa un mundo espeso, denso e verde no fondo do cal, entre os cantís que beirean estreitamente o río Navia, aséntanse as ruínas da Torre de Doncos...



miércoles, 22 de septiembre de 2010

Adopta un castiñeiro en Balboa

O Concello ofrece os froitos dunha árbore dos sotos da zona del que os propietarios non poidan facerse cargo a cambio do seu coidado


O Concello de Balboa, un dos máis activos do Bierzo en canto a propostas turísticas e de desenvolvemento municipal, volveu a erixirse en pioneiro en ideas destinadas a salvagardar a contorna natural dos Ancares. Nesta ocasión trátase de crear un "Banco de Castiñeiros de Balboa", co que invitan á xente a adoptar un destas árbores. O fin principal desta iniciativa pasa por preservar estas árbores, que en moitos casos están desatendidos, ben por que o propietario ten xa unha avanzada idade que lle impide coidar ben o souto ou ben por que o dono dos castiñeiros vive fóra do municipio. En todo caso, son castineiros que cada ano ofrecen uns froitos que finalmente quedan no chan porque falta alguén que o recolla.
O alcalde de Balboa, José Manuel Gutiérrez Monteserín(PP), considera importante resgardar os soutos de castiñeiros como parte esencial da natureza dos Ancares. Ademais, engádese a función ecolóxica de impedir a deterioración dunha árbore con decenas de anos de crecemento, en moitos casos, e de frear tamén o avance do lume que, desgraciadamente, ameaza cada ano a comarca do Bierzo mediante a roza dos soutos.
Gutiérrez Monteserín explica que esta iniciativa nace con carácter experimental. Por iso, inicialmente poranse uns 40 árbores a disposición de quen queira adoptar un castiñeiro. O obxectivo final, o que o alcalde espera que poida cumprirse para o ano que vén, se o proxecto ten boa aceptación, é alcanzar os 250 árbores distribuídas nunha superficie de máis de sete hectáreas situadas nas poboacións de Balboa e Chan de Vilar.
No municipio de Balboa o val ofrece abundancia de exemplares de castiñeiros da variedade castaña de parede, un froito saboroso, fácil de pelar e co relativo defecto de ser pequeno e algo máis engurrado que outras variedades, polo que non é tan valorada no mercado. Iso mantivo desde fai anos os prezos deste froito nuns mínimos que non supón un gran beneficio para o castañicultor. Por iso, o abandono está provocando a deterioración das árbores e tan só as persoas maiores, dentro do que poden facer ante a gran tarefa física de manter e recoller o froito, seguen mantendo os seus castiñeiros como algo tradicional. Con todo, recoller as castañas nas mellores condicións require un rozado e limpado varias veces ao ano.
O Concello limpará a primeira vez o castiñeiro e quen adopte a árbore deberá rozalo outra vez antes da recollida. Para realizar estas tareas, persoal do Consistorio acompañará aos adoptantes ata o seu castiñeiro para ensinarlles a coidalo e a recoller o froito de xeito adecuado para evitar danar a árbore. "Pódaa non é necesaria. Aquí non se podan, por iso os castiñeiros desta zona están todos sans", dixo Gutiérrez Monteserín.

Aínda que inicialmente neste proxecto estivo interesada a Cidade da Enerxía e ata a Universidade de León, a iniciativa nace só co impulso do Concello de Balboa, que non descarta a participación destas ou outras institucións.


Unha árbore personalizada
Cada castiñeiro que sexa adoptado será identificado dalgunha forma, ben cun número ou con algún símbolo ou calquera imaxe que poida permitir atopar a árbore no souto de castiñeiros. O Concello dispuxo que os castiñeiros, polo menos os primeiros, teñan unha boa localización, de forma que o "adoptante" non teña que percorrer demasiado tramo de monte para chegar ata o souto no que está a súa árbore.
As persoas interesadas en adoptar un castiñeiro deberán porse en contacto co Concello de Balboa a través do correo da Casa das Xentes na dirección: lacasadelasgentes@gmail.com. O Consistorio empezará nestes días a abrir a lista de espera de persoas interesadas en adoptar un castiñeiro. Desta forma, calquera que queira, independentemente de que viva en Balboa, en Madrid ou en calquera sitio do país, poderá ter o seu castiñeiro e as súas castañas parede só con comprometerse a realizar dúas ou tres visitas ao ano á súa árbore para coidalo e rozalo. É o mellor xeito de gozar dunhas castañas cultivadas e recollidas por un mesmo.


Castiñeiros en perigo
Un recente estudo realizado pola Universidade de León e a Fundación Cidade da Enerxía revelou que o chancro, a enfermidade que está matando aos poucos soutos da comarca berciana, acabou xa con 90.000 exemplares. Esta epidemia afecta actualmente ao 80,5% de exemplares, o que supón unhas 17.500 hectáreas de castañares no territorio comarcal. A principal causa da extensión da praga é a falta de coidado dos soutos, especialmente polos labores de injertado e poda, que abren feridas nas árbores que favorecen a expansión do chancro.
A creación da Marca de Garantía Castaña do Bierzo fai dous anos tamén está axudando á protección dos soutos. Na comarca recóllense uns 9 millóns de quilos dos preto de 15 que se producen cada ano no Bierzo. Unha maior protección e coidado das árbores permitiría non só mellorar a calidade do froito, senón tamén impulsar unha marca de calidade que permita á castaña do Bierzo competir con outras zonas produtoras.

lunes, 20 de septiembre de 2010

Rio Ibias, rio negro!




Desde os blogs Sempre Ibias e O Alto Sil atopamos un documental-denuncia, sobre a situación do Río Ibias, agora rio negro debido ás canteiras a ceo descuberto que verten impunemente o seu veleno.

O FAPAS cuestiona a plantación intensiva de coníferas na serra do Courel

Unha plantación "tan intensiva" de coníferas como a que estáse facendo na serra lucense do Courel "anula por completo" a capacidade de conservar os valores biolóxicos do territorio e resulta "pouco razoable" pra un territorio que goza da declaración de Rede Natura 2000




Así expuxoo a EFE o presidente do Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes (FAPAS), Roberto Hartasánchez, que os pasados 14 e 15 de setembro percorreu toda a serra do Courel, acompañado pola bióloga do Fapas.
O presidente do Fapas puido constatar que esta zona da alta montaña de Lugo ten un valor biolóxico "realmente interesante", con dous aspectos, dixo, "que chaman a atención", ao existir zonas "perfectamente conservadas" como son os fondos dos vales dunha riqueza "excepcional" e a parte de montaña onde realizanse plantacións, "fundamentalmente", con coníferas nunha modalidade "absolutamente intensiva".
Observou que este tipo de plantacións (coníferas) só son razoables cando teñen unha exclusiva visión comercial que xera recursos dunha forma directa.
Con todo, apuntou que a serra do Courel é Rede Natura 2000, o que significa que se trata dun territorio cun alto grao de conservación e que goza dunha catalogación específica, o que supón un condicionante para que as repoboacións forestais realícense "cunha certa sustentabilidade", para que aparte de ser plantacións con rendibilidade económica sexano tamén cunha "rendibilidade ecolóxica".
Tras esta análise foi cando concluíu que "parece pouco razoable que un territorio de Rede Natura 2000 teña un modelo de explotación forestal tan intensivo, que anula por completo a capacidade de conservar os valores biolóxicos do territorio". EFE

viernes, 17 de septiembre de 2010

Eurocámara admite a tramite a denuncia sobre a destrucción do Courel

A comisión de peticións do Parlamento Europeo admitiu a trámite unha denuncia presentada polo colectivo ecoloxista SOS Courel o pasado mes de marzo na que denunciaba a diferentes administracións públicas pola destrución xeneralizada da serra.
Por tal motivo, o Parlamento europeo iniciará unha investigación para aclarar se as queixas da asociación courelesa teñen fundamento.
O portavoz da agrupación, Orlando Álvarez, indicou que tamén denunciaron o despoboamento provocado intencionadamente e os malos tratos aos veciños coa retirada de servizos básicos co fin de "deixar terreo libre para a especulación de intereses privados devastadores", en alusión á posible apertura de novas canteiras de lousa nunha zona incluída na Rede Natura.
Desde SOS Courel aseveran desde fai tempo que esa devastación a través da plantación de especies pirófitas no canto de autóctonas, realízase "con fondos europeos".
Así mesmo, advertiron de que as administracións esconden e silencian os valores naturais e culturais do Courel. EFE

jueves, 16 de septiembre de 2010

Refraneiro do mes de Setembro nos Ancares


“Pasada a Enciña, o inverno xa está enriba”
“San Miguel, ponme a alma no peso do ben”
 “En setembro, sembra e cobre”
"En setembro e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo"
"En agosto secan as fontes, e en setembro os montes"
"No setembro come e vende, mais non sea tanto o comer que non deixes qué vender"
"Polo san Xil nogueiras a espelir"
"Se queres mel, por San Miguel"


"Setiembre, ou seca las fontes, ou l.leva las pontes" (grazas a Manolín d'El Xastre)
 

Lendas dos Ancares; Pontes de Gatín

Un mozo ao lado esquerdo do río Navía coñeceu a unha moza ao lado dereito. O rapacín, como non podía establecer relación coa muller que amaba, fixo un pacto co Demo. Construiríalle unha ponte pola noite e a cambio, levaría o primeiro ser vivo que nacese en casa do mozo logo da voda.
A parella contraeu matrimonio e a muller pronto quedou embarazada. Por influencia do demo, en casa da nova familia non nacía ningún animal en espera de que o neno fose o primeiro ser vivo da familia.
Pero unha noite, na palleira, naceu unha camada de gatines. O esposo levou o primeiro gato nacido á metade da ponte para entregarllo ao demo, burlando así o triste destino que o diaño tiña previsto pra o nenín.

lunes, 13 de septiembre de 2010

9 arbores únicos de Galicia (video en castelán)


Corpos arbóreos (castelan) documental feito por Andres Victorero é un percorrido por nove árbores singulares de Galicia. Eles foron testemuñas da nosa historia e tradicións e seguen estando xunto a nós para formar parte da nosa vida. Atopado na Morteira

domingo, 12 de septiembre de 2010

Ibias, Guía Completa

Dende o blog dos nosos vecins, "Ibias el Lejano Oeste", atopamos que editaron un gran guía completa sobre a comarca dos Ancares asturiais, nela atoparedes rutas, parroquias, aldeas e vilarins, e un longo etc. Mais información no Blog ibiense




miércoles, 8 de septiembre de 2010

Os GDR promoven o cultivo de liño, grelo, trigo do país, arándano vermello e árnica

O proxecto Novos horizontes , do que forma parte o GDR-22 Terras de Deza, preséntase o día 15 nunha xornada no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A iniciativa de cooperación interterritorial persegue recuperar o patrimonio xenético vexetal e fomentar novas producións. Desde o GDR-22 invítase a todos os agricultores e asociacións que o desexen a formar parte da iniciativa da que forman parte doce grupos de Desenvolvemento Local. Son dez galegos. Ao de Terras de Deza engádense Mariñas-Betanzos, Euroeume, a de Ordes, a do Salnés, Terras de Lugo, a Asociación Rural Bergantiños, a de Ancares-Courel, a Costa-Noroeste e Monteval, aos que se engaden o GDR Baixo Nalón e a asociación Navia-Porcía de Asturies.


En Deza preténdese recuperar do cultivo tradicional do liño e do trigo do país. A estes cultivos esperan engadir o do grelo. A xerente do GDR-22, Elena Fernández, destaca a importancia destes cultivos que se dan moi ben nestas terras. No caso do grelo apunta que «a colleita de grelo en Galicia sempre é escasa» e destaca a existencia de empresas de envasado desta verdura na zona de Ribadavia «co cal aseguraríase a venda dá produción sempre». En canto á plantación de novos cultivos apóstase polo arándano vermello e a árnica, con probadas propiedades no campo da saúde.

SOS Courel denuncia poboacións "ilegais"

EFE. O abandono de espazos xa queimados ou a repoboación "ilegal" con especies que favorecen a propagación do lume, son dous dos argumentos que esgrime o colectivo SOS Courel, para acusar á Xunta de que está "empeñada en queimar todo o Courel".
Así o expresou nun comunicado esta asociación, que advirte de que un camiño de Seoane de Courel permanece "totalmente intransitable" pola leña queimada en incendio que sucedeu en febreiro de 2008.
"Esta falta de prevención -advirte o colectivo- con toda a leña queimada seca no monte ardido, fará que o próximo incendio sexa aínda máis catastrófico, á marxe de supor un gran risco para os operarios contra incendios".
Tamén asegura que a Xunta continúa "metendo gasolina" no Courel, ao realizar, na primavera deste ano, repoboacións con "centos de miles de piñeiros".
Por este motivo, explica que tan só a "moita sorte" fixo que neste verán o lume non prosperase nesta zona da alta montaña de Lugo, xa que unicamente rexistrouse un incendio o 13 de agosto no que se devastaron 20 hectáreas de monte, "grazas a que era unha ladeira húmida, con vexetación autóctona sen piñeiros e con biomasa moi aproveitada".