Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

domingo, 27 de febrero de 2011

Porque chamamos Ancares aos tres lados da serra?

Un dos comentarios que a miúdo fannós, é porque chamamos Ancares aos dous tres lados da Serra, cando Ancares é o topónimo propio do val do río do mesmo nome. Coma se esta fose unha apropiación indebida ou usurpación etimolóxica. Nada mais lonxe da realidade.

Motivos xeograficos

Como ben saberedes, a Serra de Ancares inclúe toda a cordaleira de picos desde Miravales ata Alto do Cebreiro. Representa un conxunto de elevadas superficies culminantes, con altitude entre 1.500 e 2.000 m. Ao sur é fronteira co Courel, de parecida morfoloxía, pero onde hai abundancia de betas calcáreas que fai ter presenza de faiales nas súas terras, algo que escasea nos Ancares. Ao norte fai fronteira con Fonsagrada, onde as altitudes xá baixan e co cordal cantábrico asturiano, onde a orientacion xá é w-e. Ao leste ten a caldeira berciana e o oeste as terras chás de Lugo.

Todos os vales ancaraos teñen orientación horizontal (e-w, w-e) coa única diferenza do Val de Balboa. Como apreciación aos límites físicos dos Ancares, diriamos que as súas fronteiras marcaríaos os ríos; río Navia como limite occidental, o río Ibias como límite ao norte, o río Valcarce ao sur e o río Cúa ao leste. Estes marcan o final de estribaciois altitudinales e o comezo doutras.

Ao igual que moitas outras serras ibéricas, o nome que se decidiu pra definir a toda a cadea de montañas, era a daquel lugar que pola súa importancia económica, poboacional ou xeográfica fora a mais relevante ou coñecida, neste caso, o Val de Ancares.
Temos exemplos de multitude de serras, talles como Bejar (en referencia á cidade), Guadarrama (en referencia ao pobo e o río), Cazorla (Parque Natural que toma o nome da cidade) Aracena (pobo) Ports de Beceite (pobo), e un longuisimo etc.

Motivos Históricos e bibliográficos
Hai moitas referencias históricas á denominación Ancares para a serra en numerosos libros e documentos moi anteriores a finais do século XX.  Baixo varios nomes, Picos dos Ancares, Montes dos Ancares, ou Os Ancares simplemente, ao conxunto das serras entre O Cebreiro e Miravales.

Xá no 1866, no Itinerario descriptivo militar de España, no tomo 7, na paxina 1269 atopamos esta referencia;

"por la quebrada, aspera e inculta descendencia de la Sierra de los Ancares, que divide las aguas..."

Pola mesma década, atopamos en 1867, na Crónica de la provincia de Pontevedra, falando do terreos de lousa da provincia de Lugo, varias referencias a "Picos de los Ancares", como por exemplo na páxina 15, a cita que din o seguinte;

"La mas común es la arcillosa, que se halla a lo largo de estensos valles[..], en Sierra Seca, Picos de Ancares,  Cebrero y otros puntos"

Pero non só na nosa terra atopamos referencias, tamén na Alemania, no "Die Halbinsel der Pyrenäen: eine geographisch-statistische Monographie" do ano 1855, facendo referencia a "Picos de Ancares". 


Asi mesmo temos o libro inglés "A Handbook for Travellers in Spain" do ano 1855, na sua paxina 588, falannos da nosa serra, co seguinte texto; 


Tamén atopamos referencias a Serra de Ancares, no "Oeuvres dramatiques" de Lope de Vega, editado en Paris en 1869, ainda que a referencia mais antiga é "Storia dell'armi italiane" do ano 1796. O feito que a maxoria das referencias sexan do seculo XIX ten que ver co feito do auxe das ciencias como a cartografía, a xeografia, e tamén en parte polo comezo do "montañismo". 
Xá no seculo XX temos miles de referencias a "Serra ou Picos dos Ancares" en moitos idiomas. Sierra de Picos de Ancares (1974), Mammalogical information: Volume 19 (1961), Encyclopedia Britannica (1952), Folklore y costumbres de España, Volume 3 (1943), e un moi longo etc.

Os "Ancares" é orixinalmente rio e val, pero os montes que delimitan Lugo, Ibias e Bierzo serían xa "Picos ou Serra de Ancares" primeiro, e "dos Ancares" despois, por reinterpretar a terminación como desinencia do plural.
Pero todo isto é vello, xá nos tempos dos primeiros peregrins a Santiago de Compostela, conocían os "peligros en las montañas de Ancares y Cebrero", pero bibliograficamente as referéncias son polo menos do século XIX. A comarca administrativa dos Ancares de Lugo si é nova, e correspóndese por extensión coa terras veciñas dos Picos, Montes ou Serra dos Ancares, e ten o seu orixe coa democracia.

sábado, 26 de febrero de 2011

O programa Ben Falado visita Os Ancares

O programa "Ben Falado" da TVG visitou estes días Navia de Suarna. O programa dedicado a lingua galega, fixo un especial no que fala do traballo dos mozos naviegos pola recuperación dos topónimos tradicionais ancaraos; praus, montes, camins, etc. baixo a coordinación do CPI de Navia e ENDL do pobo.

"Ben Falado", na súa anterior tempada conseguiu ser un dos programas máis seguidos nas principais Universidades do estranxeiro. Aquí o tedes;

martes, 8 de febrero de 2011

Guia de Teitos Vexetais

Levamos un tempo recopilando información e imaxes do teitos tradicionais que quedan en pé, pra catalogar e facer unha base de datos das nosas pallozas, horreos, cileiros, palleiros, muíns, etc. que teñen un teito orixinal de palla de centeo.
Comezamos tan só nas zona ancará, pero vindo a importancia e situación de DESAPARICION TOTAL do noso patrimonio, ampliamos tamén a outras zonas como A Fonsagrada-Terras de Burón, Ibias, Somiedo, Degaña, Alto Sil, etc.

Si tedes algunha imaxe ou información que non está na base de datos, por favor enviala a ghaillic@gmail.com ou pon a info nos comentarios de esta entrada. A tua  axuda é vital!


Ver Guía de Teitos Vexetais en un mapa más grande

Video; We are Ancares!

"We are Ancares" is a promotional video of our country, the galician highlands, Ancares mountains. Enjoy