Unha mostra do valor ecolóxico dos Ancares
A posición da serra dos Ancares (extremo da cordilleira Cantábrica), a gran altitude dos seus cumes e o feito de ser unha das áreas menos deterioradas de Galicia, danlle unha elevada importancia ecolóxica. Esta serra posúe algunhas das fragas máis importantes e mellor conservadas de toda Galicia. A de Cabanavella constitúe un magnífico exemplo, agachando unha boa parte da diversidade biolóxica dos Ancares.
A fraga non é só un conxunto de árbores, nela tamén hai outros seres vivos que habitan neste espacio común. Todos constitúen un sistema vital moi complexo que cómpre conservar.
Especies moi escasas en Galicia como a lagartixa das brañas (encontrada só nos Ancares e na serra do Xistral), a arcea, a lebre de Castroviejo (endémica nos Ancares), a pita do monte ou urogallo (a piques de se extinguir), ou o Urso (oso pardo) encontran nesta serra e nos seus bosques mellor conservados (como o de Cabanavella), un espléndido lugar pra seguir vivindo.
Ruta; Saíndo desde o albergue do Club Ancares chégase ao Tres Bispos pola ruta normal. Desde alí, continúase a crista en dirección ao Penarrubia pero na Golada da Trapa báixase por un camiño ata campa de Brego. A volta é polo camiño que pasa por o bosque de Cabanavella.
Distancia percorrida: 17,89 quilómetros
Altitude min: 1.197 metros, max: 1.799 metros
Desnivel acum. subindo: 1.152 metros, baixando: 1.150 metros
Grao de dificultade: Moderado
Tempo: 7 horas 20 minutos
Finaliza no punto de partida (circular): Si
jueves, 15 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario