Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 14 de abril de 2010

O alcalde de Navia non descarta novas manifestacións veciñais contra o encoro

La Voz
O alcalde de Navia de Suarna non descarta a celebración de manifestacións veciñais contra a construción do encoro como as de hai décadas, se o proxecto prospera e o municipio segue baixo a ameaza dunha nova presa. José Fernández dixo estar disposto a que o Concello apoie medidas de presión se os veciños, a través da plataforma existente, así o desexan.

O mandatario pide que a Xunta abandone a súa morneza neste asunto e manteña a postura manifestada na anterior lexislatura polo entón presidente. Fernández recordou que Pérez Touriño manifestouse en contra de que se construísen novos encoros en áreas protexidas, anunciando que informarían desfavorablemente o estudo de impacto ambientalO Goberno central rexeitou o citado estudo, pero posteriormente a empresa Saltos do Navia introduciu unhas modificacións e volveuno a presentar. Nestes momentos está en fase de tramitación, en período de exposición pública, segundo publicou recentemente o Boletín Oficial da Provincia .
A plataforma veciñal naviega presentou alegacións hai varias semanas. Con todo, os cambios na Xunta tradúcense nunha pasividade ou morneza da Administración autonómica fronte a este problema, segundo o alcalde. De todos os xeitos, expresou a súa confianza en que se manifeste en contra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario