-Medio Rural subvenciona con ata 250 euros a adquisición de cans da raza mastín leonés e con 100 euros a compra de pastores eléctricos e mallas condutoras. Tamén concede axudas, por un máximo de 1.500 euros, para instalar valos fixos de rede ovejera e postes de madeira tratada, coa finalidade de protexer o gando dos ataques do lobo.
-As indemnizacións por ataques de lobos só son seguras naquelas zonas con réxime de protección ambiental como Reservas ou Parques Naturais.
-O departamento de Medio Ambiente informou que o pasado ano atendéronse 418 solicitudes de indemnización por morte de reses polos lobos. Os afectados foron compensados cun montante total de 81.600 euros.
-Integrar burras coas vacas evita os ataques. As burras unha vez afanse a estar co gando protexen ás vacas coma se fosen as súas irmás. Fai anos que iso o facen nos Alpes suízos, é tamen en granxas da Corunha así o confirman, os lobos foxen ao ver as burras
-Fai varios séculos que os lobos non atacan aos humanos, desde que se usaron armas de fogo contra eles especialmente, de feito témennos e foxen ao cheirarnos ou vernos.
-Os ataques de lobo afectan a menos do 0,092% do gando galego.
-A lingua azul en Galicia mata mais gando nun mes que os lobos en todo o ano.
-Os escasos ataques de lobo prodúcense no inverno, cando menos comida hai.
-Fai decadas que non se intenta reintroducir ningun lobo en ningun lugar dun modo artificial xa que as experiencias anteriores demostraron que acaban por morrer de fame, a presenza do lobo nos Ancares é natural, non provocada por ninguén.
martes, 6 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Buena información, sirven para las reflexiones serias
ResponderEliminar