
Un informe ambiental favorable a este encoro que pretende a empresa Saltos de Navia, participada por Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico, fixo que se espertase outra vez a alarma entre os habitantes desta conca que se opoñen á infraestrutura eléctrica. Este informe atópase desde o 30 de marzo pasado a exposición pública.
Recordou Gómez Besteiro que se trata dunha "historia" que xurdiu en 1951 e lamentou que periodicamente reviva esta ameaza "para pasmo dos veciños".
Por iso dixo que os veciños atoparán "unha oposición decidida e frontal" á construción dese encoro que "afectaría negativamente" a toda a conca do Navia.
"Lugo e a comarca dos Ancares xa pagaron o seu prezo no pasado coa construción de encoros. A propia Deputación está a afrontar débedas históricas que se xeraron por estas construcións, polo que Lugo xa pagou a súa peaxe no pasado e non está disposto a aceptar esta situación", subliñou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario