Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

viernes, 30 de abril de 2010

Tamén Asturies di non á presa

A Coordinadora Ecoloxista d'Asturies presentou alegacións ao proxecto de construción do aproveitamento hidroeléctrico do Salto de Suarna para no río Navia.

Os ecoloxistas informan de que presentaron esta alegacións na fase de Información pública relativa á solicitude de modificación de características da concesión para derivar auga do río Navia, nos termos municipais de San Antolin de Ibias (Asturies), Fonsagrada e Navia de Suarna (Galicia).

Este proxecto consiste na construción dunha presa para o aproveitamento hidroeléctrico cunha potencia instalada de 149,8 MW e un volume máximo embalsado de 123,61 hectómetros cúbicos ocupando unha superficie de 1.065 quilómetros cadrados.

Nas conclusións do Estudo de Impacto Ambiental dise que "o proxecto terá un impacto ambiental significativo sobre a geomorfología do val, vexetación e hábitats (especialmente a vexetación de ribeira e o propio hábitat fluvial), fauna e biotopos (con especial incidencia na fauna ligada ao medio hídrico e quirópteros), paisaxe (elementos paisaxísticos singulares asociados ao val fluvial dos ríos Navia e Suarna), usos (chan, recreativo, etc.) e patrimonio cultural."

A conca do Navia asturiano vén padecendo desde fai anos a presión das empresas eléctricas sobre o aproveitamento dos seus recursos, xa ten 3 grandes encoros (Salime con 266 Hm2, Doiras con 119 Hm3 e Arbon con 38 Hm3) e ademais deste proxecto teñen tamén solicitudes para realizar encoros no seu afluente o Agueria e o Pesoz.

Con este encoro ao que alegamos o río alcanzaría un 50% do seu curso embalsado.

Ademais esta actuación suporía a destrución irreversible, pola presa e a canalización, xunto ás alteracións do réxime de fluxos de superficies, de hábitat de conservación prioritaria dentro da Unión Europea (Directiva 92/43/CEE do Consello relativa á conservación de habitas naturais) non podemos esquecer que a zona esta declarada Lugar de Interese Comunitario está incluída dentro da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón.

A posta en funcionamento deste proxecto atentaría directamente en contra do cumprimento da Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE) da Unión Europea. Directiva de obrigado cumprimento cuxa transposición en España realizouse mediante a , de 30 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario