Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

lunes, 20 de diciembre de 2010

Cómo vivir co frío sen morrer no intento

Artigo no Progreso resumido.



O INVERNO É A ESTACIÓN DO ANO que menos simpatías desperta. Non hai que ir moi lonxe para atopar esta situación, abonda con achegarse a algunha aldea da montaña de Lugo para atopar xente que se ve obrigada a pasar días sen saír da casa, que non pode traballar e, por suposto, tampouco cobrar, que ten que facer acopio de alimentos e leña para non pasar fame nin frío, nenos que perden medio curso porque non poden chegar á escola e que nin sequera teñen acceso a asistencia médica un día de temporal de neve.
O seu inverno é branco case tódolos días, ben pola neve ou ben polo xeo. Aprenderon a vivir así e non se queixan. Están concienciados. Son conscientes de que viven nun contorno natural privilexiado que esixe determinación para subsistir e moito optimismo.
Os habitantes dos pobos máis altos de Lugo despertan case tódolos días sen saber se vai chegar o panadeiro, se pasará a furgoneta de venda de alimentos a domicilio ou se poderán sacar o gando ós prados. Son cuestións que condicionan o seu modo de vida, o seu traballo, e que os obrigan a ser organizados.
Aínda así, aseguran que o inverno non lles supón gran problema. «Hai que ser previsores», di Celia Pérez, unha veciña de Poso, unha aldea de Cervantes con catro casas habitadas. «Hai que ter leña para quentarse, comida no conxelador e coller herba no verán para as vacas. Con iso podemos aguantar un tempo, ata que limpan os accesos», explica.
O seu veciño Jesús Pérez é da mesma opinión. Apunta que na maioría das casas hai vehículos todoterreo que facilitan o desprazamento incluso coas estradas en malas condicións e que as situacións de incomunicación non son tan frecuentes como hai dez anos, cando os camins eran aínda de terra e non había máquinas para limpar a neve. Pese á mellora dos medios, advirte que «hai que estar preparados. Aquí os turismos non valen e incluso cos todoterreo ou os tractores hai días que non se pode andar», indica.
NENOS SEN CLASE
Os dous nenos que viven en Poso van á escola ó concello veciño de Navia de Suarna porque o colexio de Cervantes lles queda máis lonxe. Un todoterreo recólleos na súa casa para achegalos ata a estrada que une Cervantes con Navia, onde esperan un microbús.
Algúns días, a neve ou o xeo que formase durante a noite impiden que o todoterreo chegue á aldea e os rapaces vense obrigados a coller vacacións. «Eses días quedan sen clase, tampouco podemos levalos nós porque é perigoso. Cando o transporte escolar non pasa non é recomendable circular», indica Jesús Pérez.
Esta situación repítese moitos días do inverno, pero os veciños de Poso aseguran que é asumible tendo en conta as condicións nas que se atopaban antes. «Ata hai dez anos o camiño era de terra e non había medios para quitar a neve», conta Jesús Pérez. Lembra que de neno ía á escola á aldea veciña, Pradela, andando varios kilómetros e incluso cruzando un rego sen ponte. «Tiñamos catro mestras cada ano porque ningunha quería parar aquí. Viñan un mes e dábanse de baixa».
Piornedo cobra vida as fins de semana. As pallozas e a propia neve son un reclamo turístico de excepción que atrae numerosos visitantes, pero por semana non se ve moita xente en ningunha aldea de Cervantes. Cada vez son máis os mozos que marchan e menos os nenos que nacen.
O GANDO
A maioría dos veciños de Poso e Piornedo dedícanse á gandería ou están xubilados. Neve ou quente o sol, os animais teñen que comer, polo que nas previsións de víveres é fundamental lembrarse deles.
Durante o verán, os gandeiros fan acopio de forraxes. «Cando neva só saímos para atender o gando, pero iso hai que facelo, non pode pasar», explica Celia Pérez.
Hermelinda Pérez tamén insiste nesta cuestión. «Agora non neva tanto coma antes, pero houbo tempadas de pasar ata 15 días as vacas na corte sen poder saír. Iso era un desastre, tanto para elas como para nós, que tiñamos moito máis traballo para darlles de comer», lembra.
EMERXENCIAS
O mal tempo non só dificulta a vida cotiá na montaña, senón que pode suscitar situacións perigosas en caso de emerxencia. As ambulancias non circulan con neve e os helicópteros non voan nin de noite nin con temporal, polo que atender unha urxencia médica en lugares altos en inverno convértese ás veces nunha misión imposible.
Pero os maiores de Piornedo lembran situacións moito máis dramáticas «cando non había estrada e as nevadas eran de metro e medio». Albino Rodríguez conta que un día «cando era novo» unha veciña de Piornedo sufriu un ataque de apendicite. Había que trasladala a un hospital, aínda non había estrada e o camiño estaba cheo de neve. Un rapaz foi a pé 50 kilómetros, ata Becerreá, para ir buscar o único coche disponible e achegalo todo o posible ó pobo. Mentres tanto, un veciño carpinteiro improvisou unha padiola e o resto dos homes organizáronse para levar á enferma dende Piornedo ata Degrada. Percorreron 18 quilómetros andando pola neve e cargando coa muller, en relevos de catro homes. Salváronlle a vida.
SERVIZOS
Manolo Rodríguez é o propietario do hotel Piornedo e critica a falta de atención á limpeza da estrada que chega á aldea. Pide que as administracións «teñan en conta á xente que aposta por vivir e por ter negocios na montaña». Nesta idea incide tamén Jesús Pérez, quen sostén que «estamos lonxe de todo, moi abandonados, axúdannos moi pouco, non temos nin alcantarillado. Ata deberían pagarnos por vivir aquí».
O que lles sobra é riqueza natural e humana. Non precisan cadros nas súas casas porque o que se ve dende as ventás xa adorna, beben a mellor auga, respiran o aire máis puro, valoran a vida na súa xusta medida e sempre están dispostos a parolar con quen se preste. «Aquí non se molesta, sempre hai tempo», sentencian.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Novas pegadas do Urso nos Ancares

Do gran Blog "Noroeste Ibérico" cheganos imaxes de pegadas do Urso (Oso Cantabrico) nos Ancares;

"..Aprovechando las jornadas sobre la Perdiz Pardilla Perdix perdix (también llamada Charrela en Galicia o parda en Asturies) realizadas por la SGO en Os Ancares, con motivo de ser el ave del año 2010, nos fuimos el compañero Manolo Alonso y yo un par de días antes para disfrutar del bosque caducifolio, de la Cordillera Cantábrica y de las pocas montañas gallegas que se mantienen relativamente bien conservadas.



Además del hermoso paisaje que podeis apreciar en la foto que adorna ahora la cabecera del blog, disfrutamos de la presencia de uno de los grandes de la península...."


Tes que saber (II) Algunhas verdades sobre o Parque Natural

-Todos os anos hai un orzamento que se reparte entre todos os Parques Naturais de Galicia (actualmente 6), o % que lle corresponde a cada un vai en función da súa superficie e da poboación da área de influencia. Actualmente o máis grande é o de Baixa Limia-Serra do Xurés, o cal acapara o 41,53% do crédito. 
De constituírse, o Parque Natural dos Ancares pasaría a ser o máis grande de Galicia, co cal, o seu crédito sería o maior de todos.


-A inxección económica que suporía para a zona sería moi positiva, axudas para explotacións, para rehabilitacións, mellora de infraestruturas, desenvolvemento sostible de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, para producións artesanais, acondicionamento de rutas, áreas recreativas, turismo rural, etc, con subvencións que poden chegar ata o 75% do investimento.


-Crearíanse uns 50/60 postos de traballo directos a ocupar estes preferentemente por xente da zona, e estimase que mais de 100 indirectos, entre hostalería, turismo rural, educación, etc.


-Cando queirase vender madeira, a Xunta resérvase o dereito de Tenteo e Retracto. É dicir: que a Xunta, considerando que sexa un bosque con especies a protexer, exóticas, etc, resérvase o dereito de comprarche a madeira para preservar a talla e asinar unha especie de contrato de arrendamento por 10/15/20 anos, segundo a especie da plantación e ao seu fin, pódese volver vender dada a revalorización desa masa forestal, máis ou menos.  A leña como ata agora, nas zonas e cantidades da rede Natura 2000.


-Caza e pesca limitadas. Non prohibese, regulándose como ata agora, respectando as vedas e demais. Ni tan só o Parque Nacional mais antigo do estado, o de Picos de Europa, con 90 anos ten totalmente prohibida a pesca e a caza.


-Recollida de froitos, castañas, cogomelos, etc,etc. Está permitido para uso privado, e será autorizable para fins comerciais.