Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

jueves, 30 de junio de 2011

Os Ancares viven en Facebook!

Ainda que o noso blog non teña moito movimento nos meses anteriores, a paxina en Facebook esta mais viva que nunca, xá chegamos aos limites dos 5000 amigos e agora comezamos unha nova páxina aberta a participación de todos vós! A que estádes esperando pra unirte a nós!

http://www.facebook.com/pages/Ancares-Parque-Natural/184948958216218?sk=wall

miércoles, 6 de abril de 2011

Blog sobre a toponimia dos Ancares Lugueses

Hoxe traémosvos un blog, canto menos impresionante, nun gran traballo de investigación e recompilación de todos os vilares dos Ancares de Lugo, explicando a orixe etimolóxico de cada un deles. Se buscas a túa aldea, seguro que a atoparás, asegúrocho. Ainda que estes termos sexan só dos concellos de Lugo, tamén atopanse moitos deles nos concellos bercians e Ibias. Alguns exemplos;

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com

CAMPO DE RIMAO;
Latín campu, extensión máis ou menos ampla de terreo situado. O elemento rigo- dá nome á divindade celta Rigo-Magus.
O PANDO;
Latín pandu, alusión á forma curva ou cóncava dun terreo.
A PINTINIDOIRA;
Alusión a unha corrente de augas fluviais. Auga revolta

jueves, 10 de marzo de 2011

As cubertas vexetais no noroeste peninsular


Un gran traballo do etnógrafo Carlos Aenlle sobre os teitos vexetais no noroeste penínsular, na revista Raigame nº20.

O traballo son 33 paxinas, xá que o orixinal estaba nun pdf da revista, e a imposibilidade de poder poñerlo no Blogger, polo seu tamaño (33 megas) poñemos as paxinas nun PDF no que recollese o froito de moitos anos de recompilacion feito polo presidente da asociación Abertal.

Obtivo o primeiro premio na sua categoría pola revista e chega ata vós co permiso do seu autor


domingo, 27 de febrero de 2011

Porque chamamos Ancares aos tres lados da serra?

Un dos comentarios que a miúdo fannós, é porque chamamos Ancares aos dous tres lados da Serra, cando Ancares é o topónimo propio do val do río do mesmo nome. Coma se esta fose unha apropiación indebida ou usurpación etimolóxica. Nada mais lonxe da realidade.

Motivos xeograficos

Como ben saberedes, a Serra de Ancares inclúe toda a cordaleira de picos desde Miravales ata Alto do Cebreiro. Representa un conxunto de elevadas superficies culminantes, con altitude entre 1.500 e 2.000 m. Ao sur é fronteira co Courel, de parecida morfoloxía, pero onde hai abundancia de betas calcáreas que fai ter presenza de faiales nas súas terras, algo que escasea nos Ancares. Ao norte fai fronteira con Fonsagrada, onde as altitudes xá baixan e co cordal cantábrico asturiano, onde a orientacion xá é w-e. Ao leste ten a caldeira berciana e o oeste as terras chás de Lugo.

Todos os vales ancaraos teñen orientación horizontal (e-w, w-e) coa única diferenza do Val de Balboa. Como apreciación aos límites físicos dos Ancares, diriamos que as súas fronteiras marcaríaos os ríos; río Navia como limite occidental, o río Ibias como límite ao norte, o río Valcarce ao sur e o río Cúa ao leste. Estes marcan o final de estribaciois altitudinales e o comezo doutras.

Ao igual que moitas outras serras ibéricas, o nome que se decidiu pra definir a toda a cadea de montañas, era a daquel lugar que pola súa importancia económica, poboacional ou xeográfica fora a mais relevante ou coñecida, neste caso, o Val de Ancares.
Temos exemplos de multitude de serras, talles como Bejar (en referencia á cidade), Guadarrama (en referencia ao pobo e o río), Cazorla (Parque Natural que toma o nome da cidade) Aracena (pobo) Ports de Beceite (pobo), e un longuisimo etc.

Motivos Históricos e bibliográficos
Hai moitas referencias históricas á denominación Ancares para a serra en numerosos libros e documentos moi anteriores a finais do século XX.  Baixo varios nomes, Picos dos Ancares, Montes dos Ancares, ou Os Ancares simplemente, ao conxunto das serras entre O Cebreiro e Miravales.

Xá no 1866, no Itinerario descriptivo militar de España, no tomo 7, na paxina 1269 atopamos esta referencia;

"por la quebrada, aspera e inculta descendencia de la Sierra de los Ancares, que divide las aguas..."

Pola mesma década, atopamos en 1867, na Crónica de la provincia de Pontevedra, falando do terreos de lousa da provincia de Lugo, varias referencias a "Picos de los Ancares", como por exemplo na páxina 15, a cita que din o seguinte;

"La mas común es la arcillosa, que se halla a lo largo de estensos valles[..], en Sierra Seca, Picos de Ancares,  Cebrero y otros puntos"

Pero non só na nosa terra atopamos referencias, tamén na Alemania, no "Die Halbinsel der Pyrenäen: eine geographisch-statistische Monographie" do ano 1855, facendo referencia a "Picos de Ancares". 


Asi mesmo temos o libro inglés "A Handbook for Travellers in Spain" do ano 1855, na sua paxina 588, falannos da nosa serra, co seguinte texto; 


Tamén atopamos referencias a Serra de Ancares, no "Oeuvres dramatiques" de Lope de Vega, editado en Paris en 1869, ainda que a referencia mais antiga é "Storia dell'armi italiane" do ano 1796. O feito que a maxoria das referencias sexan do seculo XIX ten que ver co feito do auxe das ciencias como a cartografía, a xeografia, e tamén en parte polo comezo do "montañismo". 
Xá no seculo XX temos miles de referencias a "Serra ou Picos dos Ancares" en moitos idiomas. Sierra de Picos de Ancares (1974), Mammalogical information: Volume 19 (1961), Encyclopedia Britannica (1952), Folklore y costumbres de España, Volume 3 (1943), e un moi longo etc.

Os "Ancares" é orixinalmente rio e val, pero os montes que delimitan Lugo, Ibias e Bierzo serían xa "Picos ou Serra de Ancares" primeiro, e "dos Ancares" despois, por reinterpretar a terminación como desinencia do plural.
Pero todo isto é vello, xá nos tempos dos primeiros peregrins a Santiago de Compostela, conocían os "peligros en las montañas de Ancares y Cebrero", pero bibliograficamente as referéncias son polo menos do século XIX. A comarca administrativa dos Ancares de Lugo si é nova, e correspóndese por extensión coa terras veciñas dos Picos, Montes ou Serra dos Ancares, e ten o seu orixe coa democracia.

sábado, 26 de febrero de 2011

O programa Ben Falado visita Os Ancares

O programa "Ben Falado" da TVG visitou estes días Navia de Suarna. O programa dedicado a lingua galega, fixo un especial no que fala do traballo dos mozos naviegos pola recuperación dos topónimos tradicionais ancaraos; praus, montes, camins, etc. baixo a coordinación do CPI de Navia e ENDL do pobo.

"Ben Falado", na súa anterior tempada conseguiu ser un dos programas máis seguidos nas principais Universidades do estranxeiro. Aquí o tedes;

martes, 8 de febrero de 2011

Guia de Teitos Vexetais

Levamos un tempo recopilando información e imaxes do teitos tradicionais que quedan en pé, pra catalogar e facer unha base de datos das nosas pallozas, horreos, cileiros, palleiros, muíns, etc. que teñen un teito orixinal de palla de centeo.
Comezamos tan só nas zona ancará, pero vindo a importancia e situación de DESAPARICION TOTAL do noso patrimonio, ampliamos tamén a outras zonas como A Fonsagrada-Terras de Burón, Ibias, Somiedo, Degaña, Alto Sil, etc.

Si tedes algunha imaxe ou información que non está na base de datos, por favor enviala a ghaillic@gmail.com ou pon a info nos comentarios de esta entrada. A tua  axuda é vital!


Ver Guía de Teitos Vexetais en un mapa más grande

Video; We are Ancares!

"We are Ancares" is a promotional video of our country, the galician highlands, Ancares mountains. Enjoy

lunes, 31 de enero de 2011

A ruta de sendeirismo do Río Donsal - Fraga da Valiña

O 7 de novembro de 2010 foi inaugurada unha nova ruta de sendeirismo impulsada, organizada e rozada por iniciativa da Asociación Castiñeiro e Nogueira de Quintá de Cancelada, do concello de Becerreá. A Asociación promoveu e impulsou administrativamente entre outubro de 2009 e marzo de 2010 a rehabilitación e construción dun roteiro por tramos dun antigo "Camín Real de Castela a Galicia", para a práctica do sendeirismo polas marxes do Río Donsal, afluente do Navia, e a súa contorna próxima.

Este proxecto-memoria foi redactado pola Asociación impulsora e o arquitecto do COAG Xullo López Mouriño, o cal foi informado favorablemente polo Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e aprobado por unanimidade pola Comisión de Goberno do Concello de Becerreá o 24 de febreiro de 2010, que o considerou de interese estratéxico.


Voluntariado Internacional
O primeiro tramo do proxecto de carreiro, foi executado coa dirección técnica de devandito colexiado, entre o 8 e o 28 de agosto de 2010, coa participación de voluntarios de 10 países, seleccionados pola ONG "Servizo Civil Internacional" (SCI) e cooperantes locais, mediante a organización dun campo de traballo internacional, que foi un éxito absoluto, do que é proba obxectiva o tramo rozado, limpado e sinalizado polos voluntarios e integrantes comisión organizadora, como puideron constatar nunha visita recente membros dunha brigada de montes, que encomiaron a calidade do tramo, antes nun estado de absoluto abandono e intransitable. 

Descrición da ruta polo Club Acivro:


Trátase dunha das rutas máis fermosas que podense realizar no próximo concello de Becerreá, atravesando zonas de gran valor paisaxístico e grandes e valiosos bosques, dando unha idea moi precisa da xeografía, etnografía, flora e fauna deste fermoso espazo natural como son Os Ancares, nas súas cotas máis baixas.

No ámbito natural a ruta resulta preciosa, con gran variedade de elementos, comezando en cotas elevadas sobre os 800 metros de altitude na aldea do Couso, divisando excepcionais vistas de Ancares con diversos pobos vilares e vales de ao redor. Ao descender a cotas máis baixas, a senda introdúcese en fermosos bosques con gran variedade de árbores e vexetación moi variada, ademais dalgunha que outra fervenza, que fan desta parte do percorrido unha auténtica delicia pra os sentidos.

Para rematar, no ámbito cultural e etnográfico, visítanse numerosos pobos e aldeas da zona como O Couso, Santa Eulalia, Sevane, Buisán, Balaxaz e Cabana, contemplando elementos tradicionais moi interesantes como diversos muíños muíns e ouriceiras, algún resto de pallozas.  Todos eles elementos destacados da arquitectura tradicional da serra e que ofrecen unha estampa da cultura e modo de vida das xentes da zona.

Distancia:14,5 km

Duración da ruta: 5 horas

Dificultade: Media



Partimos da aldea do Couso, situada a uns 800 metros de altitude, desde a cal pódese obter unha visión fantástica de toda esta parte da serra de Ancares, con numerosos pobos e toda unha sucesión de vales e montañas de perfil suave característicos desta rexión comarca. Desde esta aldea comezamos a camiñar por camíns de pouco uso que comezan a descender cara ao val. É importante prestar atención en todo este tramo xa que existen numerosos desvíos que poden facer que equivoquemosnos do camín a seguir. A ruta nesta parte resulta cómoda xa que discorre en descenso ofrecendo ademais grandes vistas que resultan unha delicia para o camiñante.


Bordeamos o monte O Aguillón (844 m.) e chegamos á segunda aldea da ruta; Quintá de Cancelada, interesante aldea situada a 610 m. de altitude con bos exemplos de arquitectura tradicional da zona e que conta con algún resto de palloza, as antigas vivendas de teito de palla de centeo por excelencia da serra, antes presentes na maior parte de Ancares e agora case desaparecidas.

Desde Quintá, proseguimos a ruta camiñando por un carreiro máis estreito que bifurca
se e lévanos a media ladeira cunha bonita paisaxe cara ao río Donsal, onde poderemos observar varios e valiosos elementos etnográficos da zona entre os cales áchanse varias ouriceiras, construcións onde almacenabanse os ourizos das castañas para que madurasen e soltasen facilmente o froito; e unha minicentral eléctrica. Tamén alcanzamos a bonita Fonte dous Corzos. Regresamos e volvemos retomar a ruta introducíndonos en belos bosques con gran variedade de vexetación e moitos tipos de árbores, destacando impresionantes castiñeiros.

Saímos á estrada e, logo duns 100 metros, desviámonos de novo por camiños ata chegar a Sevane (576 m.) , bonita aldea no fondo dun val que aínda conserva algún hórreo de palla. Desde aquí seguimos a ruta baixando de novo ata o río, que atravesaremos por dous troncos que fan os labores de ponte. Seguimos polo medio de bosques mixtos e soutos de castiñeiros, sempre nas proximidades do río Donsal, podendo contemplar algúns muíns, ata chegar á aldea de Buisán, onde acaba
se o carreiro e que conta coa capela de San Xoán, situada nun alto á saída do vilarín. Desde aquí non queda máis que seguir a estrada un tramo ata Balaxaz e finalmente cruzar o río Navia por unha ampla ponte sobre o Navia, pra alcanzar Cabana, punto final do noso percorrido.


domingo, 9 de enero de 2011

Video; Vilares e Vilarins 1ª parte

Vilares e vilarins do Parque Natural Etnográfico Os Ancares, dos 3 lados da serra, o lugués, o bercian e o ibiense. Nesta primeira parte atopamos os mais conhecidos; 

Piornedo, Balouta, Castelo de Donís, Campo del Agua, O Cebreiro