Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 28 de abril de 2010

Navia alega contra o encoro, que non ve compatible con ''un espazo protexido''

Europa Press


O Concello de Navia de Suarna presentou alegacións á declaración favorable de impacto medio ambiental para a instalación dun encoro que, segundo o alcalde, o socialista José Fernández, afectaría a un espazo "protexido" que "non é compatible" coa construción dun pantano.





O proxecto expón unha presa cunha cota de 286 metros, unha capacidade de almacenamento de 123 hectómetros cúbicos e unha conca aproveitada de 1065 quilómetros cadrados entre os Ancares galegos e o límite con Ibias. A central hidroeléctrica situaríase na marxe esquerda do río Suarna en terreos da Fonsagrada.
O municipio de Navia forma parte da Rede Natura, ademais de participar na declaración de Reserva da Biosfera. Segundo destacou o alcalde, a zona é tamén "un espazo protexido de aves". Recordou que xa se denunciou esta obra, na que intervén a sociedade Saltos do Navia participada por Hidroeléctrica do Cantábrico e Electra do Viesgo, en catro ocasións, "pola forma en que querían facer o encoro".
En canto á resposta ás alegacións, dixo descoñecer cando se producirá, aínda que aclara que aínda están en prazo. José Fernández aprecia que se sumarán outros fundamentos para oporse á presa, que dirixirán "veciños e asociacións a titulo particular".
Igualmente, o rexedor destacou que no concello de Navia "sempre houbo unanimidade política" á hora de oporse ao encoro, "ben cando gobernaba o PP e antes incluso das primeiras eleccións democráticas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario