A asociación Castaño y Nogal, con sede en Quintá de Cancelada (Becerreá), está a organizar un campo de traballo para acondicionar unha ruta de sendeirismo polas beiras do río Donsal. Nesta iniciativa participarán 12 mozas de distintos países, que acudirán baixo a supervisión da ONG Servizo Civil Internacional e aproveitarán a súa estancia para practicar inglés.
O campo de traballo desenvolverase en agosto, durante tres semanas, e continuará nos dous próximos anos, é dicir, terá tres fases e concluirá en 2012. A ONG Servizo Civil Internacional será a encargada de seleccionar aos participantes. O único requisito é que sexan novos entre 20 e 30 anos e que procedan de países diferentes.
A asociación Castaño y Nogal encargarase de darlles albergue e comida. A cambio, os mozos traballarán no proxecto de recuperación da senda paralela ao río Donsal. Trátase dunha ruta de nove quilómetros que discorre entre árbores autóctonas por antigos camiños de carro que actualmente están tomados pola maleza.
Dinamización
O proxecto de recuperación desta ruta foi deseñado polo arquitecto Xullo López Mouriño. O tramo que se pretende acondicionar une os lugares de Souto, na parroquia de Seoane, e Balaxá, en Quintá de Cancelada. O vicepresidente da asociación Castaño y Nogal, Antonio Álvarez, explica que o obxectivo desta iniciativa é contribuír ao desenvolvemento da zona, dinamizar a vida no medio rural e achegar á poboación riquezas etnográficas e naturais abandonadas polo progresivo éxodo da montaña lucense.
O proxecto de recuperación desta ruta foi deseñado polo arquitecto Xullo López Mouriño. O tramo que se pretende acondicionar une os lugares de Souto, na parroquia de Seoane, e Balaxá, en Quintá de Cancelada. O vicepresidente da asociación Castaño y Nogal, Antonio Álvarez, explica que o obxectivo desta iniciativa é contribuír ao desenvolvemento da zona, dinamizar a vida no medio rural e achegar á poboación riquezas etnográficas e naturais abandonadas polo progresivo éxodo da montaña lucense.
Antonio Álvarez explicou que o proxecto conta co respaldo do Concello de Becerreá, dos veciños de Quintá de Cancelada e de varias firmas comerciais, que achegarán comida e materiais para os voluntarios. Está previsto que se aloxen no colexio de Becerreá e terán que cociñar os seus propios alimentos.
O proxecto desenvolverase en tres fases. A primeira consistirá en limpar a maleza que cobre a ruta polas beiras do Donsal. Na segunda se procedrá á valoración do patrimonio. Nesta fase intentarase identificar as especies vexetais autóctonas e os valores arquitectónicos da zona —pontes, muíños, construcións singulares—. Elaborarase tamén un plano da ruta.
A fase final, prevista para o ano 2012, centrarase en actuacións sobre a contorna, como a sinalización do carreiro e a recuperación dalgunhas construcións, como pontes ou secaderos de castañas.
Área recreativa
Castaño y Nogal xa realizou outras actuacións na zona de Quintá de Cancelada, como a rehabilitación do muíño de Tucende e o acondicionamento dunha área recreativa na súa contorna. Estes labores correron a cargo dos membros da asociación.
Castaño y Nogal xa realizou outras actuacións na zona de Quintá de Cancelada, como a rehabilitación do muíño de Tucende e o acondicionamento dunha área recreativa na súa contorna. Estes labores correron a cargo dos membros da asociación.
Antonio Álvarez explica que o obxectivo destas iniciativas é "evitar que dentro de 15 ou 20 anos teñamos concellos sen veciños". Entende que a comarca dos Ancares presenta moitas posibilidades para o turismo rural, pero apunta que "a xente non vai vir se non se lle ofrece nada".
Reclama, neste sentido, atención das administracións para dotar á montaña lucense de infraestruturas e servizos, e apoio para as iniciativas de colectivos que, como no caso de Castaño y Nogal, "traballan para que as nosas aldeas non queden sen xente".
Charla de Fernández Albalat y Lois
O arquitecto Andrés Fernández Albalat y Lois ofrecerá o vindeiro sábado unha charla sobre ordenación do territorio e arquitectura popular. Será na casa da cultura de Becerreá a partir das 12.30 horas.
O arquitecto Andrés Fernández Albalat y Lois ofrecerá o vindeiro sábado unha charla sobre ordenación do territorio e arquitectura popular. Será na casa da cultura de Becerreá a partir das 12.30 horas.
Esta conferencia enmárcase no programa de actividades organizado pola asociación Castaño y Nogal para fomentar a conservación da contorna e a recuperación do patrimonio tanto arquitectónico como natural da comarca dos Ancares.
Tras a charla terá lugar un coloquio, no que os asistentes poderán expor as súas inquietudes a Fernández Albalat e Lois, a quen os organizadores do evento presentan como "un dos arquitectos de maior prestixio nacional e internacional".
Paxina Web ACN
Blog Castaño y Nogal
Paxina Web ACN
Blog Castaño y Nogal
Proyecto: Ruta - Sendero de Quintá:
ResponderEliminarRehabilitación y construcción de una RUTA, con tramos de un antiguo Camino Real de Castilla a Galicia, para la práctica del senderismo por los márgenes del Río Donsal, afluente del Navia, con:
Inicio/finalización: En la aldea de Souto y/o en finalización en Balaxaz, núcleos a los que se puede llegar en coche, del término municipal de Becerreá (Lugo), de unos 9 km., aproximadamente. Ver itinerario en mapa anexo, escala 1/5000.
Salidas y/o entradas a la Ruta: Además de por su extremos, se podrá hacer a pie o en todo terreno/coche, desde Castel de María, Quintá (por 2 puntos distintos), Sevane, A Cortella, Buisán, Balaxaz y Villaiz, así como desde Cabana de Cervantes, con desvía a Balaxaz, lo que permitirá hacer tramos adaptables a la resistencia da cada senderista.
Su cabecera está a unos 14 km. de la A-6 y carretera N-VI, con salida en Baralla y El Cerezal.
Respuesta personal a Manuel: La participación en el Campo de Trabajo Internacional de Quintá está abierta a jóvenes con los perfiles propios de un campo de trabajo de estas características, de entre 20 y 30 años, a seleccionar entre quienes se adapten mejor al perfil y tareas a realizar, participación en talles y para actuar como guía - intérprete de los Voluntarios para la Paz de SCI, por lo que habrá de enviarnos un curriculum vitae y una carta explicando los motivos por los cuales quiere participar, donde reside/ría. Deberá indicarnos si realizó tareas afines a las de desbroce y limpieza de bósques y si conoce el manejo de herramienta forestal - medio ambiental.