Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

domingo, 31 de octubre de 2010

Palabras de noso nº1

Comezamos hoxe unha nova sección coa colaboración do Equipo Normalización Lingüística (ENDL) de Navia de Suarna, no que iremos poñendo palabras dos Ancares que forman parte da nosa variedade oriental do galego.
O listaxe de palabras ancareñas recollidas polo alumnado do CPI de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, Terras de Burón (A Fonsagrada), Ibias, Bierzo e na montaña lucense en xeral.
Se coñecedes algunha palabra curiosa, rara ou pouco frecuente e queredes que apareza aquí mandádenos un correo a cpinavia@gmail.com na que conste a definición e unha frase de exemplo.

PALABRAS DE NOSO (paxina no facebook)

REMUXIDO: enfermo, esblancuxado, pálido con mal aspecto físico.

.-"Que che pasa Jose?. Tas remuxido. Non tarás a enfermar ti tamén?"


LORDENTO: que está cheo de sucidade, porco.

-"Limpa os pantalóns Brais, que tas feito un lordento"

ENLORDAR: ensuciar con lama.

.-"Pon as botas pra ir ao prado de Nucide que te vas enlordar"


ESTOXAR: aborrecer, desprezar, sentir noxo por algunha cousa, sobre todo comida.

.-"Comín tantas androllas este inverno que acabei estoxándoas"

DERRENGADO: moi canso, extenuado, rendido.

.-"Veño derrengado de rozar no monte"


XOSTRA: Vara delgada e flexible que se emprega para afalr o gando. Anaco de coiro co que se ferran os zocos. Xesta.

.-"Mira Ana, como non te portes vas levar unha xostrada, que non che van quedar de voltar por outras!!"


ATOAR: obstruir, cegarse, ocluir, atascarse un conduto, canle, tubaxe, etc VARIANTE: atuír.

.-"Quedamos sen auga debe estar atoado o tubo da traída"


BARAZA: fita ou corda pequena e delgada que se emprega para suxeitar ou atar algo.

.-"Vai ao taller e apaña unha baraza para atar o saco"


Xá falando da nosa variedade dialectal, o galego oriental, que falase nos Ancares, Terras de Burón, Ibias, Bierzo, Eo-Navia, etc. aquí tedes un video moi simpatico que falanos dela.

sábado, 30 de octubre de 2010

Plantar centeo pra teitar, agora con axudas económicas

Comentannos dende o GDR-5 Ancares-Courel, mais concretamente Xosé Espín, que a asociación de Desenvolvemento Rural, esta na idea de pagar a quen cultive centeo como axuda a restauración de teitos de horreos e pallozas nos Ancares.


A idea trata de que, algún labrego sembre centeo, con axuda económica do G.D.R-5 e de esa maneira poidan conseguir os colmos a un precio mínimo, a xente que queira restaurar, con calidade de palla de monte.


Haberia que presentar un proxecto, e para elo temos técnicos nas oficiñas do G.D.R-5


A xerente chámase Raquel Zolle 
e o telefono 982 36 08 24
As oficinas estan na
Rua Bolaño Mendo, s/n. 4º. 27640-Becerreá
No 2º andar das oficiñas de extensión agraria.


Ista é unha maneira de ter centeo de boa calidade, xa que a que necesitan os teitos te que ser cultivada na montaña, e si pode ser brava mellor, xá que a que compran actualmente en Astorga (Lleón) non está plantada no mesmo tempo ambiental que a Serra Ancareña..


foto; Juan L Osorio

Ursos novos nos vellos Ancares

6 osos pardos ollados nos Ancares Lugueses


A reactivación en xullo das patrullas de seguimento de osos en Galicia está a deparar resultados alentadores, pois desde entón os vixiantes puideron observar directamente 6 animais e recolleron datos de presenza de oso en 24 ocasións. Isto demostra, segundo o coordinador de proxectos da Fundación Oso Pardo (FOP), José Luis García Lorenzo, que as visitas desde os territorios limítrofes de Asturies e Lleón son cada vez máis frecuentes e prolongadas en Galicia, aínda que polo momento ningunha femia decidiuse a criar nos Ancares e O Courel.


As patrullas de FOP interrompéronse coa nova Administración da Xunta, pero en xullo pasado retomouse o convenio (ata finais do 2011, por importe de 127.020 euros) para que dous ancareses renoven o seguimento dos osos e a loita contra o furtivismo, desenvolvida desde 1997. Antes realizábana tres persoas e agora son Antonio do Pobo e Jesús Gómez os encargados, que tamén localizaron e retirado once lazos ilegais de aceiro colocados por furtivos nos Ancares.


Pra non dar outro paso máis no empobrecimiento biolóxico da montaña, onde desapareceu a Pita do Monte (urogallo) e aínda non hai un mínimo acordo sobre o tan reiterado proxecto, nunca conseguido, de crear un Parque Nacional. Poida que o galopante despoboamento provoque o inmobilismo, porque, a menos xente, menos votos, menor orzamento e atención das Administracións. Resulta paradoxal que, cando o home ocupaba a conciencia ata o último recuncho dos Ancares, cando os pobos estaban cheos non quedaba unha brizna de herba sen cortar, todas as especies saíron adiante, como unha cadea, sen tanto conflito e demagoxias actuais. É agora, cando a taxa de actividade humana na provincia é bajísima (53,19%, a terceira peor de España só por detrás da de Ourense e Melilla), cando máis destacan os problemas ambientais. Recordar que o decaimiento da poboación en Cervantes e As Nogais, por pór dous exemplos, é notorio. O último censo di que no primeiro municipio viven 1.731 almas (971 homes e 760 mulleres) e en Navia 1.441 persoas (778 homes e 663 mulleres). As proxeccións de poboación realizadas son desalentadoras.




A boa noticia, sempre hai que alegrarse polo veciño, , é que os Ursos aumentan a súa presenza no leste da provincia. A Xunta e a Fundación Oso Pardo tiveron a ben retomar a colaboración para mirar un pouco por estes asombrosos animais, solitarios exceptuando os períodos de celo, e que seguen ameazados por velenos e lazos, a pesar de que a súa colocación é un delito penal que pode alcanzar penas de prisión, multas e inhabilitacións para cazar. A Patrulla Oso Galicia está de volta, aínda que sexa con dous dos 3 integrantes que tiña, e seguirá coordinándose cos técnicos e vixiantes da Reserva de caza dos Ancares, repartindo pastores eléctricos para protexer colmenares e cultivos, e tornando da praga de xabarís na zona e montes limítrofes. A maior parte dos que pasan tempadas en Galicia son novas. Son esquivos e é difícil saber se se trata de macho ou femia, a menos que vaian acompañados de crías.

miércoles, 27 de octubre de 2010

XII Magosto Celta de Balboa

Nova edición do Magosto mais conhecido dos Ancares, o MAGOSTO CELTA de Balboa, un dos mais antigos, nun dos pobos mais representativos do Bierzo, que celebranse en duas pallozas, a de Balboa e a Chis, é tamén na nova Casa Das Xentes . Nesta festa contan cunha boa representación de gaiteiros tradicionais pero tamén podemos dar un repaso ao estado do rock bravú galego do século XXI que asomase ao folk coa axuda doutros ritmos mestizos como a patchanka ou o punk-folk. En breve poñeran os horarios das actuacións que iniciaránse o venres ás 23 h. e finalizarán o domingo ás 17 h. ¡Bo Magosto!


Mais info 
http://lacasadelasgentes.blogspot.com/2010/10/magosto-2010-los-grupos.html



Os Grupos que tocarán nesta edición dintro das pallozas  serán;

Celticúe            Residuos Atractivas
L'Arcu La Vieya    Ruxe Ruxe
Ulträqäns           Haberlas Hainas
Os Cuchufellos     Medulia Banana Folk
Xuaco Amieva

martes, 26 de octubre de 2010

Galicia pode ser sancionada pola UE por non protexer Os Ancares e Courel

A Xunta arríscase a unha sanción da Unión Europea por non presentar a tempo os plans de conservación dos espazos que integran a Rede Natura


O Executivo tivo un prazo de 6 anos para aprobalos que acaba en decembro, pero ata esa data só ten previsto diponer de "un documento de base" co que iniciar a súa tramitación "cunha gran participación pública", segundo a Consellería de Medio Rural, polo que non chegará a tempo de cumprir coas directrices europeas.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo creado para protexer os hábitats e especies silvestres máis importantes do continente. A lista de parques incluídos foi aprobada pola Comisión Europea en decembro de 2004, e desde ese momento abriuse un prazo de 6 anos pra presentar os plans de conservación das diferentes zonas protexidas. Ademais, a Lei de Conservación dá Natureza de Galicia, aprobada en 2001, obriga a redactar os plans de conservación destes espazos dous anos logo da súa designación, prazo que finalizou en 2006.


Se a Comisión Europea non inicia de oficio os trámites para sancionar á Xunta, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) está disposta a emprender accións legais. Pero o trámite é longo e complexo. A Comisión dá un máximo de dous avisos ás administracións, e se as respostas non convencen a Bruxelas pode levar o caso aos tribunais e pedir que se lle impoña unha multa.


Con todo, os ecoloxistas apuntan ao intento da consellería de solucionar ao mesmo tempo o conflito dos Ancares e O Courel. O bipartito pretendía converter estas zonas da Rede Natura en parques naturais, pero os conflitos entre veciños e alcaldes impediron unha solución de consenso. O cambio de goberno na Xunta interrompeu todos os plans dos socialistas.


Nun primeiro momento, o novo Executivo do PP intentou escudarse en que "houbo que partir de cero para redactar un novo plan", pero preguntada pola existencia do documento do bipartito cambiou a versión para asegurar que "en función dese documento estase traballando nunha nova proposta que permita combinar mellor a conservación da natureza coas actividades humanas".


A Consellería de Medio Rural tamén renunciou a ampliar a Rede Natura galega, co que Galicia seguirá sendo o territorio con menos porcentaxe de paraxes protexidas de España, só logo de Ceuta.

domingo, 24 de octubre de 2010

6,8 millóns mais pra a Rede Natura en Lugo

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) investirá 6,8 millóns ata o 2013 na realización de obras de conservación das áreas da provincia de Lugo incluídas na Rede Natura. Estes proxectos forman parte dun convenio asinado polo ministerio e a Consellería de Medio Rural, polo que este departamento da Xunta comprométese a investir outros 4 millóns de euros en toda Galicia.


Nos Ancares, o ministerio investirá 700.000 euros en melloras de hábitats e infraestruturas e outros 200.000, na conservación de turberas na provincia, cun investimento que se repartirá en tres anos (200.000 no 2011, 200.000 no 2012 e 300.000 no 2013). As turberas da provincia -son coñecidas e valiosas as do Xistral e Ancares- recibirán 200.000 euros para conservación e recuperación. Hai tamén proxectos de conservación de corredores ecolóxicos e de redes fluviais en zonas da provincia que teñen a consideración de LIC (Lugar de Interese Comunitario), para o que se destinan 500.000 euros entre o 2011 e o 2013.

sábado, 23 de octubre de 2010

Lendas dos Ancares; "Una cidade nos Ancares, Capara"

Ista é una doble Lenda ou Lenda con dos versions, xá que ainda son dúas historias diferentes, as duas falan dun mito, a cidade dos Ancares; Capara ou Alcaparra.

Versión Ancares Bercians

Transmitido durante xeracións, una historia asombrosa vén sendo contada:
"A cidade de Capara* era un poboado mineiro importante, que situabase a pouca distancia do xacemento de "A Leitosa" e, máis en concreto, no lugar de Veigueliña.
Un día de fornada, cando estaban cocendo, apareceu por alí un home vello e famento, implorando un anaco de pan. Cortaron un pequeno pedazo de masa, póndoo a cocer. Empezou a esponxarse de tal xeito que se formou unha bolla de enormes proporcións. Introduciron un minúsculo anaco de masa, seguidamente, pero a gran sorpresa foi que sucedeu o mesmo. Ante a pouca caridade cristiá dos aldeáns, xurdiu unha persoa que lles recriminou a súa acción.
O visitante-esmoleiro díxolle a este bo e xeneroso home que lle acompañase. Así se encamiñaron nos arredores do pobo, sen mirar cara atrás. Cando tornaron a súa mirada, observaron como a cidade de Capara afundíase pola súa cobiza e ambición.
Crese que o ancián era Deus que quixo pór a proba aos poboadores desta cidade.Contan que, máis ben a comezos do século pasado, chegou un mestre á escola do Estado de Veigueliña. Este home tiña o costume-teima de sacar, de cando en vez, aos seus pupilos do aula e, obrigándoos a mirar cara á Leitosa, mandáballes repetir a seguinte proclama "Viva a cidade de Alcaparra"


Versión Ancares Lucenses*

O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares.

Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Capara* e tiña unha filla á que estexaban dous rapaces.

A nai da rapaza quería que casase co rico mentres que a moza prefería ó máis pobre.

O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla.

Esta é a razón que explica que haxa dúas presas  en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á  obra o que chegou antes coa cal de auga á  cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio.

Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Capara e desapareceu. Por iso quedou o dito:
 

"A cidade de Capara* asulagouse por home bon e muller mala"


*(Capara) No Códice Calixtino, aparece o nome de Capara. A evolución fixo que o nome fose castelanizado por Alcaparra 
* (Version 2) Esta lenda foi recollida a principios da década de mil novecentos noventa á informante Sra. María de Casa Naipes, de Donís, Cervantes.

O Oso Pirenaico é oficialmente extinguido..

Noticia moi triste da desaparición do hirmá do noso oso cantabrico, o oso pirenaico desapareceu xá pra sempre das nosas vidas, pola nosa culpa. Isto debenos facer pensar que estamos a facer coa nosa natureza...


Artigo en Cronica Verde


"..Parece ser que Camille no supero el invierno que precedió a la entrada del 2008 y todo hace indicar que Aspe Ouest ha seguido su mismo camino este año.

De ser así, con ellos se nos va un ser casi mitológico; el oso pirenaico. Su presencia marco y de que manera a los habitantes de estas montañas, hasta tal punto que los antiguos creían que matar un oso traía mala suerte porque eran nuestros antepasados..."


Artigo Completo

martes, 19 de octubre de 2010

Xá chega o Magosto!!

O Magosto unha celebración popular e tradicional dos Ancares, feita en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo. Celebrabase sempre 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben por maduraren máis tarde as castañas, celébrase en calquera data comprendida entre a ultima semana de outubro e a primeira de novembro, convertíndose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.




Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.



Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas nos soutos; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as rapazas trouxeran as castañas e os rapacins o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapacins xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.


A Orixe Celta, O Samhain
En novembro ten lugar en Galicia, Asturies, Llion e Zamora, O Magosto. Sempre puidose celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún recuncho do pobo; pero o seu lugar orixinario foi o monte.
Os celtas non tiñan templos no sentido latino da palabra templum; celebraban as súas festas e as súas cerimonias rituais nun claro do bosque, o chamado Lubre ou Nemeton.



 Resulta, pois, por unha razón ou outra, que «o bosque e o templo eran, para os celtas, nocións equivalentes ou intercambiables». Na festa do Samhain, os celtas tranquilizaban os poderes do outro mundo e propiciaban a abundancia das colleitas coa celebración da festa samahaim, a cal era, para uns, o comezo do inverno e, para outros, o final de verán; en todo caso era o principio dunha nova xestación e dun período de intensa comunicación entre os habitantes deste e do outro mundo.

viernes, 15 de octubre de 2010

Refraneiro do mes de Outubro nos Ancares

-“Por San Simón quita os bois do timón”


-“Polo San Lucas mata o teu porco e baña a túa cuba”


-“Faime vir á cava, e einche dar da barbada


-"No San Francisco debes recordar, recoller o que has de cebar"

-"Polo Pilar, o millo podo segar"

-"Polo San Lucas, ben saben as uvas, porque hai poucas ou ningunha"
-"Outubro quente, trae o demo no ventre"

-"En outubre non molesta o lume"

-"En outono bota as patacas e garda cedo as vacas"

-“Xa chega san Simón co seu varalón”

jueves, 14 de octubre de 2010

Video; O drama dos Ancares



De como unha das reservas etnográficas, antropolóxicas e culturais máis importantes de Galicia, esmorece polo abandono das administracións, e con ela parte da nosa alma como pobo.

A Os Ancares en misión humanitaria

Artigo no diario El País, sobre o novo libro de Enrique de Arce, "Os Ancares, a serra esquecida". En castelán.


Artigo completo


"..En Os Ancares, en 1968, aquellos jóvenes expedicionarios descubrieron cosas para toda Europa inimaginables. Todas las vacas estaban tuberculosas y transmitían su enfermedad a la gente; habitualmente no había mucho más para comer que pan, castañas, patatas y tocino; el jabalí todavía se cazaba como en la prehistoria, varios hombres lo cercaban en la nieve y le dejaban clavados sus chuzos hasta que se desangraba; no había teléfono, ni había llegado la noticia de lo que había sucedido en París el pasado mayo. Tampoco tenía mayor importancia: este mundo era otro mundo, infinitamente más invisible que África para la Unesco y la Unicef. Al cumplir los siete años, los niños ya estaban listos para "subir a la braña", a vivir solos durante tres meses cuidando el ganado, sin regresar al pueblo hasta septiembre..."

martes, 12 de octubre de 2010

A II Festa do Porco Celta será o día 6 de novembro

A asociación de criadores de porco celta (Asoporcel) e o Concello da Fonsagrada están a ultimar os preparativos da segunda Festa do Porco Celta, que se celebrará o día 6 de novembro.
Os restaurantes fonsagradinos terán un papel especial neste evento, pois ofrecerán un menú especial baseado en derivados deste porco e produtos típicos da tempada.
A selección de pratos será igual en todos os establecementos. A comida empezará con entrantes de porco celta, seguidos de caldo de castañas. O prato forte será un cocido, elaborado con carne de porco celta. A sobremesa será elixido por cada restaurante, pero terá como ingrediente principal as castañas. O prezo do menú ascende a 25 euros e as reservas poden realizarse directamente nos restaurantes da Fonsagrada.
A feira propiamente dita instalarase na Praza do Museo. Como na primeira edición, colocaranse varias pallozas nas que criadores de porco celta e empresas cárnicas mostrarán os seus produtos.
Un dos atractivos do feiral será a exposición de exemplares de porco celta, facilitados polos criadores de Asoporcel para que o público poida coñecer de primeira man esta raza de porco autóctona de Galicia.
Os porcos celtas críanse en semilibertad nos montes galegos, con sistemas tradicionais e alimentados con produtos totalmente naturais.


Restaurante A Parilla              982 34 00 84
Restaurante O Piñeiral            982 34 03 50
Pulpería O Candal                  982 34 00 61
Restaurante Os Chaos           982 34 00 46
Restaurante O Cantábrico      982 34 01 35
Camping A Fonsagrada          982 34 04 49
9Restaurante Prados             982 34 01 95
Hotel Fonte-Sacra                 982 34 01 00 

Prezo 25 Euros por persoa
Data limite para as reservas: 3 de novembro

Menú celta: Embutidos, Caldo (Grelos e castañas), Postres elaborados con castañas

lunes, 11 de octubre de 2010

O Queixo do Cebreiro segue crecendo

A denominación de orixe protexida Queixo do Cebreiro sufrirá nos próximos meses un proceso de expansión sen precedentes nos seus case dúas décadas de vida. Dúas novas queserías comezarán a producir este mes, nos municipios de Baralla e Castroverde, mentres que outros emprendedores están a realizar os trámites burocráticos para pór a funcionar outras dúas. Ata agora, só forman parte do consello regulador as fábricas artesanais de Castelo de Brañas -que foi a primeira-, en Pedrafita, e Xan Busto, en Nullán (As Nogais), pero en breve o rexistro oficial podería incluír seis marcas.
A finais dos 80, o Queixo do Cebreiro estaba a piques de desaparecer, porque só algunhas mulleres facíano nas súas casas para autoconsumo. Con todo, as cousas comezaron a cambiar coa apertura en 1990 da quesería artesanal Castelo e a cualificación, un ano máis tarde, como Produto Galego de Calidade. Aos poucos, foi gañando prestixio entre os restauradores máis reputados e en 1999 foille concedida a denominación de orixe. Máis tarde, en 2008, conseguiría a denominación de orixe protexida (DOP).
Con todo, ese recoñecemento non foi correspondido nas dúas últimas décadas co desenvolvemento empresarial que se esperaba na zona de influencia, que comprende Pedrafita, O Courel, Cervantes, Triacastela, As Nogais, Navia de Suarna, Becerreá, Baralla, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Láncara e Samos.
Nese aspecto, a situación da DOP O Cebreiro cambiará substancialmente nos próximos meses. A mediados de outubro -posiblemente o día 15- iniciará a súa produción unha nova quesería artesanal, no lugar de Barredo, que pertence ao municipio de Castroverde. O seu promotor, Carlos Reija, realizou un investimento que rolda os 200.000 euros para pór a funcionar a fábrica, cuxas máquinas quedarán instaladas na primeira semana deste mes.
A nova quesería iniciará a súa actividade cunha produción diaria de 80 quilos. Con todo, o obxectivo é que a fábrica absorba todo o leite que xera a explotación agraria do seu promotor, uns 1.000 litros ao día. Por iso, tamén ten previsto facer iogur e requesón.
Se os seus promotores conseguen liquidar os trámites burocráticos pendentes, a finais deste mes tamén comezará a funcionar outra quesería en Cernadas (Baralla). O responsable deste proxecto, Enrique Fernández, confirmou que o investimento neste caso roldou os 60.000 euros, porque xa dispuña dun local.

sábado, 9 de octubre de 2010

A vida nas aldeas (video dos 70´s)

Hoxe atopamos na rede un video de 1979, no concello de Friol, onde un equipo de TVE pasou uns días alí, no que retrata a vida no colexio, onde podense ver como reproducense os roles machistas ou como os nenos teñen medo a falar, o normal é que contesten con monosílabos polo seu escaso dominio do castelán.  "Estos niños sufren un grave problema de bilingüismo" explica a profesora. Tamén podese ver como entón os nenos traballaban masivamente nas casas. Non pretendemos que sexa un artigo político, senon pra entender o porque de moitos pensamentos de hoxe dia nas aldeas. Pra os mais vellos do blog, este video tamén será un recordo de outros tempos.



jueves, 7 de octubre de 2010

O raposo axuda a expandir o bosque galego


É un gran dispersador de millóns de sementes a longa distancia, pero os cazadores cren que existe sobrepoblación
Xavier Lombardero.  O perseguido raposo está a prestar un importante servizo á natureza auxiliando á dispersión de sementes de ata 40 especies arbóreas. Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) demostraron a relación mutualista entre un das árbores, o serbal, e os carnívoros que consomen os seus froitos carnosos. Ignacio Munilla, desde o departamento de Botánica, e José Guitián, do de Bioloxía Celular e Ecoloxía, comprobaron que durante 11 anos os froitos dos serbales estiveron ininterrompidamente na dieta de raposos e martas.
De noite ou polo día comen froitos caídos e ata empolicándose á propia árbore, axudando ao avance do capudre (o seu nome galego) nos Ancares, O Courel e a montaña lleonesa. O raposo 
pode percorrer ata sete quilómetros ao día e o serbal chega polas súas feces a matogueiras ou terreos abandonados, onde prepara o camiño para o bosque maduro. Ademais, comprobouse que nas montañas galegas comen moitas mouras, tezo, arándano, rosa silvestre, endrinos, peral silvestre e ata especies cultivadas como os higos, uvas, cereixas, guindas, peras, mazás, ciruelas...

Investigadores comprobaron durante once anos o seu consumo de serbal no Courel e Os Ancares

«Os raposos galegos comen de todo, en especial ratos, insectos, carroña, desperdicios procedentes de vertedoiros, moitos froitos no outono, aves e moi poucos coellos. O que parece é que busca especificamente os froitos. Non son simplemente unha dieta de reposto senón que os busca aínda que haxa outros alimentos. Son fáciles de consumir fronte a presas que esixen caza, pero podería ser que tivese necesidades de inxerir determinados compoñentes dos froitos», explica Guitián. Os froitos do capudre son moi ricos en taninos e vitamina CO raposo, como carnívoro máis abundante, presta eficaz servizo ao trasladar as sementes, e falta saber como lle afecta a escaseza de serbal algúns anos. Son árbores sincrónicos: o ano sen froitos, non os hai en ningún. Trátase dun recurso habitual tamén para martas, garduñas, xinetas e tejones e que comen en grandes cantidades o xabaril, o oso (tamén come arándanos, castañas ou landras) os ratos e aves, coas distintas especies de zorzal que hai en Galicia.
O raposo forma parte da cadea trófica do campo galego e neste contexto, Guitián asegura que «os campionatos de caza do raposo parécenme patéticos. En calquera caso, toda a caza de raposo debería de estar avalada por estudos ben feitos que demostren claramente que hai unha densidade moi elevada, ou pouca, ou a que sexa. Ninguén demostrou en Galicia que haxa sobreabundancia. Coellos ou perdices non hai, pero por infinidade de razóns que nada teñen que ver co raposo».