Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

lunes, 5 de abril de 2010

Últimos pasos para abrir o centro científico do Courel

Os primeiros grupos de investigadores empezarán a traballar na estación da USC entre xuño e xullo

Entre os meses de xuño e xullo empezarán a traballar os primeiros grupos de investigadores que se servirán das instalacións da estación científica creada pola Universidade de Santiago (USC) Seoane do Courel, cuxa construción finalizou a principios deste ano. Para entón xa se completou o equipamento do centro, ao que aínda lle falta o mobiliario dos laboratorios para poder funcionar con normalidade. A compra deste material foi contratada esta semana e a empresa adxudicataria instalarao nas próximas semanas.

Os primeiros proxectos de investigación que se desenvolverán no novo centro están relacionados coa botánica, a ecoloxía e a xeografía. Os responsables da estación xa recibiron as solicitudes duns vinte e cinco grupos de investigadores que pretenden utilizar estas instalacións para desenvolver proxectos relacionados con diferentes campos científicos. Estas peticións incrementaranse previsiblemente en pouco tempo, xa que moitos dos posibles interesados aínda non saben que o centro poderá estar dispoñible en breve prazo, pero a situación cambiará pronto.

«De momento non lle demos moita publicidade á estación porque aínda non sabiamos con certeza cando podería empezar a utilizarse», sinala o seu director, o catedrático Javier Guitián. «Por iso hai moita xente do ámbito científico que nin sequera se decatou de que as obras xa están terminadas, pero en canto empecemos a difundir esa información seguramente chegarán moitas máis solicitudes para realizar actividades», engade. No prazo aproximado dun par de semanas espérase que estea operativa a páxina web da estación, que informará detalladamente sobre as súas características, a súa dotación e as súas condicións de uso.

A inauguración oficial da estación, para a que aínda non se fixou unha data, celebrarase probablemente o mes próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario