Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 14 de abril de 2010

Parque Natural de Somiedo, o exemplo a seguir (III)

En liña coas directrices dos PRUG, o Concello, que é un entusiasta defensor e impulsor do Parque, estableceu unhas Normas Urbanísticas que regulan a construción, evitando que se constrúa fóra dos núcleos de poboación xa existentes.

A inclusión do municipio de Somiedo no programa PRODER II dentro do grupo do "Camiño Real da Mesa", deu un importante impulso neste proceso de posta en marcha de novas instalacións hostaleiras en forma de casas de aldea e apartamentos turísticos, así como novos negocios de restauración. 


Sen querer abusar dos números, merece a pena reflectir as realizacións dos emprendedores somedanos que, a través deste programa, están pondo en marcha nos dous anos de vixencia, 29 novas instalacións de carácter produtivo, das cales vinte e cinco corresponden a actividades turísticas; tres a negocios da liña de diversificación de actividades e un, de produtos artesáns. A realización destas actuacións supón un investimento de 4,75 millóns de euros, aos que se concedeu unha subvención de 1,478 millóns de euros, sendo probablemente o concello asturiano con máis proxectos, maior investimento produtivo e maior volume de subvención concedida a través do programa PRODER II.

Todos estes investimentos, fixeron que a situación dos somedanos cambie substancialmente, de tal modo que desde aquela posición de penúltimo concello na lista de riqueza dos municipios da rexión, progrese ata situarse nestes momentos na zona central da lista, con perspectivas de seguir mellorando.

Como conclusión, gustaríame volver ao título do artigo e afirmar que en Somiedo, a declaración do Parque Natural lonxe de supor un freo ao desenvolvemento da zona, foi o motor para desencadear un proceso de mellora económica e social, que está consolidando as actividades tradicionais, creando outras novas, producindo riqueza, empregos alternativos.

En definitiva, unha sociedade máis forte e sólida que é a base dun desenvolvemento sostible
para Somiedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario