As críticas da organización van desde a utilización de grandes máquinas, tipo buldózer, para quitar a leña, ata o modelo arbóreo escollido para a repoboación.
Segundo SOS Courel, a zona repoboada, aproximadamente a metade do que ardeu, estase facendo con plantas moi novas de carballo duns 10 centímetros de altura e apenas 3 milímetros de grosor.
A organización aventura que estas "diminutas plantas de procedencia descoñecida" serán "devoradas" pola fauna da zona, por non repoboar con algúns dos "centos de millóns de árbores" da zona que, con máis altura e grosor, quedarían fóra de alcance de calquera herbívoro da zona.
A instalación dun viveiro no Courel, sería, a criterio da organización, un "paso lóxico" nun espazo natural, onde unha das súas grandes virtudes "é a de dispor de especies vexetais endémicas e variedades froiteiras propias.
lunes, 22 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario