Os técnicos e voluntarios da fundación Germán Estévez para a protección da natureza reclámanlle á Xunta de Galicia que invista 90 millóns de euros nun plan a dez anos para rehabilitar, promocionar turísticamente e crear postos de traballo no Courel, así como nos municipios limítrofes da Pobra do Brollón e Ribas de Sil.
Os ecoloxistas afirman que é necesario establecer plans de actuación en conxunto coa administración local e provincial para sacar adiante un proxecto de conservación dos valores naturais dun dos enclaves con maior diversidade biólogica de Galicia.
O colectivo tamén esixe que o castro do Vilar, situado no Courel, sexa declarado ben cultural e que se rehabilite a aldea próxima.
Así mesmo, piden que a fervenza de Vieiros e os sotos existentes na parroquia de de A Seara, no municipio de Quiroga, pasen a ter a catalogación de monumentos naturais e paisaxes protexidas.
A fundación Germán Estévez protagonizou duras críticas ao proxecto da empresa Iberdrola para ampliar a central hidroeléctrica de Santo Estevo.
Os ecoloxistas denunciaron que Iberdrola "está a tradear as paredes do río Sil desde fai máis dun ano" sen que se teñan en conta as numerosas queixas presentadas por diferentes colectivos no sentido de que están a causar "graves danos ambientais".
O portavoz do grupo Germán Estévez de defensa da natureza insistiu en dicir que a ampliación da presa acométese "sen ningún tipo de miramiento e co total beneplácito dos organismos competentes, dado que durante os dous secados do río non se mantivo un caudal mínimo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario