Un feito importantísimo que se produciu durante estes anos foi a sensibilización ambiental da poboación de Somiedo, que comprendeu que un dos seus maiores activos é a situación do medio natural do seu territorio e a súa riqueza de fauna e flora. Esta concienciación posibilitou que as actuacións de defensa e protección da fauna salvaxe conten co apoio da práctica totalidade dos habitantes do concello.
En canto ás actuacións de dinamización económica e social, pasaremos a describilas a continuación xa que se foron desenvolvendo ao longo destes 15 anos de existencia do Parque e mediante as actuacións previstas nos PRUG. Actualmente atópase en vigor o III PRUG do Parque Natural de Somiedo, elaborado en 2000 e estase comezando a elaborar o borrador do IV Plan. Nos tres Plans aprobados fíxose especial fincapé en manter e potenciar a actividade gandeira.

Crece a actividade gandeira
En sintonía coa evolución da PAC no sentido de primar a agricultura da montanha e que sexa respectuosa co medio natural, desde a Consellería de Medio Rural dispúxose que o apoio das Medidas de Acompañamento no territorio dos Parques, tanto Naturais como no Nacional dos Picos de Europa, fóra o máximo posible, facendo que os pagos por Indemnización compensatoria de Montaña aos gandeiros a título principal do Parque Natural de Somiedo pasen de 232 mil euros na campaña do 1998 a 374 mil euros na do 2002, e as axudas agroambientais pasaron neste mesmo período de 674 a 921 miles de euros.
Estes importantes apoios contribuíron, con toda seguridade, a conseguir que actualmente o censo de gando vacún en Somiedo aumente respecto ao de 1988, pasando de 4.766 cabezas de vacún a máis de 6.000 o ano 2003 a pesar de que o número de explotacións baixe de case de 400 a 177, das cales 145 o son a título principal, o que permite confiar en que a actividade gandeira, que como diciamos ao principio era a principal e un dos elementos fundamentais da conservación do territorio, non só non diminuíu, senón que se incrementou en número e en calidade, á vez que as explotacións reestruturáronse, pasando dunha media de 11 animais por explotación a case 40 cabezas actualmente.
Turismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario