Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

martes, 16 de marzo de 2010

Adega apoia as denuncias de SOS Courel sobre a destrución da vexetación autóctona

Os ecoloxistas demandan que se faga cumprir a lexislación con respecto á protección dos hábitats para evitar a destrución da riqueza natural e cultural do Courel. SOS Courel denunciou esas actuacións que están destruíndo flora protexida que é *decapada por buldozers e en plena época da cría dos animais silvestres.


Estas actuacións fanse co obxectivo, afirma ADEGA, de plantar miles de piñeiros e para realizar pistas e talla-lumes, que fan desaparecer todo rastro de vexetación autóctona e atentando contra a integridade do lugar.
A organización ecoloxista non se pode explicar como unha das zonas con maior biodiversidade de Galicia e protexida polas normas urbanísticas máis estritas ao pertencer á Rede de Espazos protexidos, Rede Natura, pode ser vítima de tal agresión ecolóxica que se realiza, ademais, con fondos públicos.
ADEGA solicita que os fondos que en teoría foron dotados para a restauración forestal invístanse na recuperación dos bosques e matogueiras autóctonas da Sierra.


Traslladarán ao parlamento europeo a "masacre" do Courel


Así o avanzou hoxe nun comunicado, no que especifica que entre a documentación que se enviará figura un "volume xigante" coa copia de 21.000 firmas, que en 2007 reclamaban protección para O Courel e denunciaban as "agresións" ambientais e culturais deste territorio.
Nesas firmas reclamábase a declaración de Parque Natural para O Courel, con financiamento suficiente para a dotación de servizos públicos aos seus veciños e procurar a recuperación ambiental e da súa paisaxe tradicional.
Tamén remitirán un informe do 'Valedor do Pobo', de 2007, no que se admitía que se produciron "actuacións nun principio discrepantes" por parte das Consellerías que permitiron a actividade da louseira da Campa.


Ademais, achegarán varias reportaxes en prensa escrita que, segundo a organización, pon de manifesto o "mal trato" do Courel, así como copia de reportaxes e documentais televisivos.
Tamén informarán das últimas denuncias referidas ao que consideran "corrupción" forestal que se está producindo no Courel, ao acometer tarefas que se terían que realizar de forma manual con grandes máquinas, o que supón a "destrución sistemática de hábitats protexidos, coa intención de aforrar man de obra e multiplicar o lucro económico".

1 comentario:

  1. Cada día ando más asustado con la degradación do Courel; observo atónito como es atacado por todos los frentes;lo más preocupante es la postura del gobierno municipal. ¡Dormita plácidamente!Y eso que los vecinos fueron a buscar alcaldesa a la capital.

    ResponderEliminar