Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

jueves, 18 de marzo de 2010

A corporación municipal de Navia oponse por unanimidade ao encoro de Suarna

O Progreso 18/03/10
O pleno do Concello de Navia aprobou este martes por unanimidade as alegacións que presentará contra o proxecto de construción do encoro de Suarna, que afectaría a este municipio, A Fonsagrada e ao asturiano de San Antolín de Ibias



O Concello remitirá ao ministerio de Medio Ambiente os seus argumentos contra o salto no río coa intención de que o Goberno rexeite o estudo de impacto ambiental que presentou a empresa concesionaria da explotación, Saltos do Navia, co obxectivo de seguir adiante co proxecto e cumprindo os requisitos establecidos por unha sentenza do Tribunal Supremo.
é máis, a corporación municipal considera que chegou o momento de que se retiren á empresa os dereitos de aproveitamento hidráulico-eléctrico na zona, que ten desde 1951 e renovou en 1963.
O Concello de Navia considera que se prexudicaría seriamente o medio natural dunha zona que é Rede Natura e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
O alcalde, o socialista José Fernández, considera que "xa é hora de acabar cunha ameaza que levamos enciam desde fai case medio século. A posibilidade de que se constrúa o encoro é un lastre para os municipios afectados e incluso repercute no aspecto socioeconómico, ademais de ser un evidente prexuízo desde o punto de vista ecolóxico".
Proxecto
A presa que configuraría o encoro de Suarna alcanzaría os 289 metros de altura e construiríase na Fornaza, no municipio da Fonsagrada. Suporía a inundación dunhas catrocentas hectáreas de Navia, A Fonsagrada e Ibias, sen afectar a ningún núcleo de poblacióm, pero a cola estenderíase ata a vila de Navia.
O proxecto inicial contemplaba o anegamiento da localidade, cuns 1.500 habitantes na actualidade. A forte oposición veciñal fixo que o proxecto fose modificado en 1963. A finais dos anos oitenta volveu exporse a posibilidade do citado encoro pero a idea quedou definitivamente descartada. Recentemente, no 2008, a empresa adxudicataria intentou de novo pór en marcha o proxecto, pero o Ministerio de Medio Ambiente rexeitou o estudo de impacto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario