A Voz
Ao redor de 900 establecementos de carácter rural e máis dun centenar de produtos autóctonos optan a conseguir algunha das dúas marcas de calidade creadas pola Deputación, Lug02 e Lugo Sabe. Nestes momentos xa hai unha ducia de firmas inscritas e a posta en marcha de ambos os distintivos será no mes de maio, segundo anunciou onte o presidente, José Ramón Gómez Besteiro, durante o acto de entrega de diplomas á ducia de empresas que xa o conseguiron, tras participar nun proxecto piloto.
Lug02 e Lugo Sabe son os distintivos de garantía de calidade da Deputación para empresas turísticas e de elaboración de produtos autóctonos incluídas nos 27 municipios que abarcan as reservas da biosfera Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón e Os Ancares, ademais da zona do Courel.
As dúas marcas foron creadas para garantir a autenticidade e calidade dos produtos e servizos, ademais de fomentar as boas prácticas ambientais. Lug02 está dirixido fundamentalmente ao sector hostaleiro e ao comercio, que teñen que promocionar os produtos da provincia, así como o medio e as novas tecnoloxías, e Lugo Sabe céntrase na comercialización de produtos con denominación de orixe. O orzamento é de cinco millóns.
martes, 16 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario