

Julio Álvarez nega bloquear o parque do Courel
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, nega «realizar ningunha manifestación nin a favor nin en contra» dun parque natural na serra de O Courel e rexeita as afirmacións da asociación ecoloxista SOS Courel, que o acusou de valerse da súa influencia na Xunta para bloquear este proxecto.
O rexedor afirma por outra banda que apoiará «o que decidan a maioría dos cazadores, pescadores, sindicatos, pizarristas, traballadores, etc.» e que rexeitará «toda aquela imposición de media ducia de persoas que case non as coñecen nin na súa casa e que poidan exercer presión amparándose nunhas siglas».
No hay comentarios:
Publicar un comentario