
Dentro do seu programa LUGO2, financiado con fondos europeos, o organismo que preside o socialista José Ramón Gómez Besteiro, planificou melloras en doce rutas de sendeirismo, que totalizan, case 82 quilómetros e que discorren pola comarca do Courel ou por territorio considerado reserva da biosfera.
Plan de traballo

O orzamento para as iniciativas apuntadas ascende a 130.000 euros. Os traballos, de acordo coas previsións, iniciaranse no próximo mes de setembro.
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, sinala que na riqueza ambiental ten a provincia unha das súas oportunidades económicas. De aí -indica- o interese por promover o coidado das sendas que permiten gozar das paraxes máis atractivas e concretamente as do Miño e a súa contorna. Tamén recorda que trata de promocionar os valores da costa lucense coa reprodución dun barco, bautizado como Muralla de Lugo, que percorrerá España; este fin de semana está exposto na praza nova da avenida de Ramón Ferreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario