Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

viernes, 11 de junio de 2010

A Casa das Xentes de Balboa, un exemplo a seguir!

Nunha mostra de auténtico dinamismo turístico e cultural, os habitantes deste pequeno pobo dos Ancares bercians, decidiron un bo día, transforma o polideportivo que xa ninguén usaba a falta de xente nova, nun centro cultural que reflectise as xentes do val de Balboa.

O vello polideportivo de aspecto canto menos dubidoso, que pouco tiña que ver coa beleza de conto e de lenda que definen a paisaxe dos Ancares, púxose nas mans do equipo de Domingo González, un artesán de Cantexeira encargado de converter esta estrutura en desuso nunha obra de artesanía chea de vida.

Así respondeu ao encargo do Concello, que proxectou a Casa das Xentes como o gran foro de lecer e cultura do concello, chamado a complementar e a ampliar substancialmente a oferta turística actual das pallozas. O alcalde, José Manuel Gutiérrez Monteserín (PP), afanouse en conseguir todo o financiamento necesario para pór en mans do equipo de artesáns que cada día desde fai case dous anos pasaron as súas horas tallando a madeira que é protagonista do edificio.

O proxecto supón un investimento de 800.000 euros e conta coa colaboración de distintas institucións. A Xunta de Castela e León entregou partidas por 530.000 euros. Tamén a Deputación de León colaborou con 120.000 euros, ata a Fundación Cidade da Enerxía achegou o seu granito de area, financiando o 40% do sistema de climatización que alimenta o edificio. E porque o artesán non está rifado co moderno, este sistema enerxético achega a parte máis vangardista coa incorporación dun modelo de climatización que permite quentar o aire de entrada co quente que se sae cara a fóra, evitando así a súa perda e permitindo aforrar enerxía. Para iso incorporarase unha caldeira de biomasa de 100 quilovatios acompañada de paneis solares que abastezan energéticamente ao edificio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario