Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

viernes, 11 de junio de 2010

Os Ancares morrense pouco a pouco, agora pecha o colexio de Donís

 Así o comunicou a Consellería de Educación ao profesorado e aos pais. Os alumnos, tres de Piornedo e dous de Suarbol (Lleón), serán trasladados ao CPI de Navia, cun desprazamento de 53 minutos de duración por unha estrada de montaña, sinuosa e estreita.

A viaxe a Navia xa foi ensaiado por unha inspectora de Educación nun microbús. A decisión da Xunta provocou indignación entre os pais de Donís e malestar entre os profesores, a cociñeira, a limpadora e a persoa que transporta aos nenos nun todoterreo.



Educación desatendeu incluso as suxestións da propia delegación de Lugo, que propuña aprazar o peche do colexio de Donís ao curso 2011-2012, cando o neno máis maior matriculado pasaría á ESO. En principio, Educación en Lugo dispuña que o CPI de Donís seguise aberto en 2010-2011 con xornada continuada para aforrar o comedor.
Os pais aceptaran o peche do colexio en 2011-2012 e a comunicación de que desaparecerá o próximo curso sentou como un xerro de auga fría.
A profesora Patricia Guerreiro, das Pontes, tamén considera que a viaxe por esa estrada de montaña é excesivo para os nenos. "Os nenos son moi pequenos e a viaxe non é unha broma. Onte [polo martes] fomos de excursión a Marcelle e ao balneario de Guitiriz e máis dun mareouse. Os pais están moi desgustados", engade a mestra.
A directora do centro de Donís, María José Blanco Fernández, lamentou que a zona rural e da Montaña lucense perda servizos, o que acentuará o despoboamento. "Estas familias da Montaña non teñen as mesmas condicións de igualdade que outras de Lugo. A continuidade do colexio sería boa para fixar poboación no rural". O Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario