Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 2 de junio de 2010

Rutas; Ruta do Río Ser


-NON.....Senda Sinalizada (em proceso) 
-SI......Fontes 
-NON.....Accesible Minusvalidos. 
-SI......Apta Nenos/Anciáns 
-SI......Ruta Circular; 
-NON.....Aparcadoiro 
-Cando Vir; Verán/Outono 
-Perigo; Nula 
Inicio; A ruta comeza na unión do río Ser e o Navia, na estrada Becerreá-Navia de Suarna LU-722 Km.21, pasado o vilarín (aldea) de Cabana, no ponte que separa os concellos de Navia de Suarna, Becerreá e Cervantes 

Deixamos o coche no ponte, hai espazo pra 3 o 4 coches. En xunho de 2010 a estrada LU-722 era en
obras de ampliazon e non sei si recortaron a curva,
nese caso posibelmente haxa espazo pra mais coches. 


(ver foto 1) A ruta comeza con una subidinha de unos 100 metros, polo camín que leva as aldeas de Souto e Drada. Despois de uns 200 metros atopamos o primeiro cruzamento de roteiros. Collemos o sendeiro da esquerda, o da dreita levanos directamente ata Souto, e nome non e por casualidad, si decidimos internarnos algunos metros no bosque da aldea, atoparemos castinheiros de uns 500 anos e mais, de grosores de 5 ou 6 metros. Vai a pena achegarse. 

Seguimos enton o roteiro da esquerda, xa podemos intuir o
Río Ser abaixo, e un pinheiros de repoboación na outra ladeira. Noutro lado vemos o vilarín de Robledo de Son, que ao final da ruta visitaremos. 

Percorridos uns
700 metros da ruta, chegaremos a outro cruceiro de sendeiros, como a outra vez collemos a esquerda. Si paremonos e miramos abaixo, atoparemos unas colmeas
(ver foto 2) Si ata agora o que mais vemos no camín era toxosuces,xestas e carqueixas, agora xa comenzamos a atopar mais arbores. Xa temos percorrido o primer kilometro e vemos cada vez mais o rio avaixo noso. No kilometro 2, entraremos no bosque que xa non deixaremos ata Casas do Rio. Si fixamonos a outra ladeira atoparemos o Castro do Inferno, o primeiro dos dous que hai na ruta. O bopsque vai facendose cada vez mais pechado e mais fermoso. (ver foto 3

(ver foto 4) É momento de ir subindo, ata 200 metros de desnivel ata a Fraga de Drada, nome do vilarin que hai mas riba da fraga. Aqui atoparemos carballos, freixos, castinheiros, pradairos, abeleiras, etc. A subida é lenta e tedes que vir ben preparados. É moi facil atoparse con corzos, xabarins, e tamén lobos, xa que a zona é moi agreste e non moi transitada polos aldeans. Si baixamos a mirada atoparemos o Val Escuro, nome que ven dado pola frondosidá do bosque. 

Xa no kilometro 4, no eido chamado "Chan da Pena", no que colleremos o primer sendeiro a esquerda que baixa, comezamos a baixada que agradeceremos ata o ponte do río Ser, cruzando a Fraga das Casas, foi fermosa por certo. Xá abaixo no rio, veremos o típico bosque de ribeira, con freixos, pradairos, amieiros, etc. e disfrutaremos do río e podemos recoller auga xa que totalmente boa (ver foto 5

Temos que superar agora a subida ata Casas do Río, de 400 metros de altitude ata os 550. Xa levamos
6 kilometros, e si ata agora ibamos pola ladeira sombria, xa que mira cara o norte, na outra ladeira mira o sur, polo tanto en tempo de frio agradecermoslo, non tanto si é verán. 

Casas paga a penha verla polo seu horreo de lousa, típico dos Ancares. A partir de agora e ata Robledo iremos pola estrada, pero non temos a impresión de vir por unha, xa que nesta estrada pasan 3 coches ao dia como moito, xa que morre na aldea e é moi pequena. A mitade de camín atopamos o Rego de Arcón onde si hai, podemos reponer auga (acostuma a ter todo o ano). Tamén en este caminho veremos os restos dos dous castros, o de Casas e do Inferno. 


Despois de 2 kilometros pola estrada chegaremos ata Robledo de Son, pobo gandeiro e tamén gusta de ver. Non podese perder a visita a unha pequenha capela nas Casas de Riba (o vilarín dividese entre as casas de abaixo e de riba) moi pequeninha e feita en pedra e lousa 

Xa quedanos pouco pra o fin da ruta e dende Robledo podese ver o noso coche, e ademais e toudo baixada. Colleremos un camín que
baixa en zig zag ata o río Ser, e disfrutaremos das vista da auga e podese que de algum pescador da zona collendo as mellores troitas de Galicia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario