Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 2 de junio de 2010

Lendas dos Ancares; A muller-cerva

No castelo de Doiras (Concello de Cervantes) moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e AldaraO fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecéndolle ben ós seus pais, o casamento anunciouse. 
Un serán Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos... despois dalgúns días de buscas infructuosas, deron por definitiva a perda de Aldara, maxinando que sería morta por algún xabaril, algún oso, ou devorada polos lobos...

Un día Egas, estando de
cazaría, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal, pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte), así que cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar que o animal lle pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña). E cando foi amosarlle o seu pai a pata da cerva , contándolle o seu éxito atinxindo, arrepiados, viron como, no seu lugar o que Egas sacou da bolsa foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela fidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedra roiba. Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da malfadada Aldara...

Con ánimo dorido correron monte arriba, para o lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, tendido no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man...

Segundo o que di a lenda algún mouro debeu encantala en figura de cerva, e a morte encargouse de volvela ó seu estado natural de doncela. Máis endexamais puido saberse a razón. Fonte; Galespa

No hay comentarios:

Publicar un comentario