Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

sábado, 1 de mayo de 2010

Nin Os Ancares nin O Courel serán por agora parque natural


A Consellería de Samuel Juárez descarta polo momento a declaración dos Ancares e O Courel


A ampliación da rede galega de parques naturais non é un dos obxectivos prioritarios da Consellería de Medio Rural. O departamento que dirixe Samuel Juárez (PP) pretende durante a lexislatura dotar aos seis espazos protexidos e ao parque nacional das Illas Atlánticas dunha planificación e abordar a longo prazo a incorporación de novos territorios. O conselleiro de Medio Rural inaugurou onte en Santiago o foro Patrimonio Natural de Galicia: Conservación e Uso Sostible.


Os Ancares e O Courel eran ata agora os dous candidatos a formar parte da rede. A oposición veciñal na primeira das zonas da montaña lucense levou á Consellería a descartar, de momento, a súa inclusión. No Courel, os seus habitantes si queren o parque. "Seguiremos traballando no tema, pero a estratexia é desenvolver os xa existentes", explicou onte o subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, Rogelio Fernández Díaz.
O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, urxiu onte á Xunta esa mellora. Segundo explicou, ningún dos parques naturais conta cun Plan Director de Uso e Xestión, o documento que establece que pode e que non pode facerse en cada zona do parque. "É unha fotografía bastante lamentable do que fai a Administración por cumprir as súas propias leis", considerou.
O subdirector xeral de Espazos Naturais explicou onte que se está traballando no tema. Ademais, os territorios incluídos na Rede Natura (unha figura de protección promovida pola Unión Europea) contarán en breve cun plan director. "No segundo trimestre do ano estará en marcha", prometeu onte Rogelio Fernández. Posteriormente, a Xunta vai abordar a prometida ampliación da rede.
falta dun documento que determine claramente os usos permitidos e prohibidos nestes espazos protexidos foi unha das causas do rexeitamento social á súa creación. O director da Asociación Galega Monte-Industria, Juan Picos, asegurou onte que "unha das especies que tiñan que protexer máis é o habitante da zona rural". Picos explicou que a propia Comisión Europea manifestou nun estudo a súa preocupación pola implantación da Rede Natura no territorio. "Detectáronse carencias de información, falta de entendemento e ausencia de compensacións aos propietarios dos terreos", incidiu.
Pablo Ramil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), tamén botou man dos informes da Unión Europea. Segundo asegurou, a primeira avaliación do plan de acción 2006-2010 para conservar a biodiversidade no continente non é moi esperanzadora. "A zona peor conservada é a zona atlántica, e sobre todo a parte do sur, é dicir, España e Portugal", sinalou.
Desde o colexio de biólogos, Emilio Rodríguez Merino recordou que os espazos protexidos non poden constituír "illas" e pediu tamén políticas de conservación para o resto do territorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario