Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

martes, 25 de mayo de 2010

Unha ruta de sendeirismo une O Cebreiro e Quiroga ao longo do río Lor

A asociación Santo Graal do Cebreiro é a responsable dunha nova ruta de sendeirismo por O Courel e a Ribeira Sacra, concretamente ao longo do río Lor entre Pedrafita e Augasmestas, onde esta canle se une ao Sil. O colectivo investiu 90.000 euros na limpeza e sinalización dos espazos polos que, a partir de agora, poderán transitar todo os amantes da natureza. O acto inaugural do percorrido celebrouse na localidade courelesa de Seoane.
Desde a agrupación Santo Graal indicaron que se trata dunha nova proposta turística de 68 quilómetros de lonxitude na que "o camiñante descubrirá os auténticos encantos da Galicia interior, con paraxes de natureza pura, unha flora e unha fauna rica en variedades e a etnografía propia dos recunchos de montaña"
A realización completa desta ruta tan longa é posible grazas á existencia de numerosos núcleos de poboación que balizan o camiño.
O primeiro tramo une O Cebreiro con Trabazas, cunha lonxitude de 12 quilómetros. O segundo vai desde este último punto a Ferreiría de Seoane, con pouco máis de nove.
A terceira etapa chega desde O Courel ata Traspando, con case dez quilómetros de lonxitude; para logo chegar a Froxán, tamén no Courel, tras percorrer outros 9,3 quilómetros.
O penúltimo tramo chega ata As Laceiras e dispón de case 12 quilómetros, para finalizar en Augasmestas, tras percorrer os 15 quilómetros finais.
Os responsables da agrupación Santo Graal sinalaron que o atractivo desta ruta é que reivindica "o turismo de interior, o turismo sostible, dun territorio que en gran parte atravesa un espazo natural protexido de Galicia, xa que discorre por zonas da Rede Natura e lugares de interese comunitario que foron declarados zona de especial protección dos valores naturais".
Este colectivo do Cebreiro recomenda aos camiñantes que fagan a ruta que se tomen "o seu tempo, que respiren, que noten o vento na súa cara, que descansen á beira do río e que falen cos veciños das aldeas, pois se trata dunha zona que aínda atesoura tradicións e formas de vida que recordan tempos pasados".
O Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario