Feria da empanada
A Asociación de empresarios das Nogais, organizadora da Feria da empanada e produtos dos Ancares, decidiu retomar nesta quinta edición a data habitual de celebración, que é o último domingo de maio, por considerala máis apropiada que o mes de agosto. Nesta feira daranse cita máis dunha trintena de expositores, maioritariamente produtores da comarca que acudirán con pan, empanadas, tortas, embutidos, queixo e todo tipo de obxectos artesáns. A degustación está prevista para as 13.30 e durante a feira haberá baile galego coa asociación cultural Abrente. A Voz
jueves, 27 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario