Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

lunes, 31 de mayo de 2010

As Nogais repartiu 1.100 racións na Feira da Empanada dos Ancares

A estabilidade atmosférica axudou este domingo 30 de maio á Asociación de Empresarios das Nogais (Adean) a que a V edición da Feira da Empanada, celebrada na localidade, fose todo un éxito de expositores e público. No recinto instaláronse 24 postos de todo tipo de produtos autóctonos, empezando pola empanada e terminando pola artesanía, pero sen esquecer os embutidos ou o pan.
Os organizadores distribuíron un total de 1.100 racións de produtos autóctonos da Montaña lucense e calcula que máis de 1.500 persoas percorreron a mostra ao longo de toda a xornada. A maioría dos visitantes eran veciños dalgún dos municipios da Montaña, pero a capacidade de convocatoria desta feira gastronómica aumenta ano tras ano e cada vez son máis os residentes en distintos puntos da provincia que deciden visitar a zona, aproveitando a celebración desta mostra de produtos tradicionais da alta montaña lucense.
O recinto feiral abriu as súas portas ás once e media da mañá, pero ata a unha non tivo lugar a recepción de autoridades. Asistiron, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias; o deputado de Infraestruturas e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, en representación da Deputación provincial; os alcaldes de Baralla, o popular Manuel González Capón, e As Nogais, o socialista José Luís Coedo, e o xefe territorial de Agricultura, Ramón Carballo.
A degustación tivo lugar a partir da unha e media da tarde. Cada ración incluía tres tipos de empanadas e queixo do Cebreiro. A comida estivo animada coa actuación do grupo de baile tradicional Abrente.
As empanadas mais eloxiadas da mostra foron a tradicional de liscos e a innovadora de cogomelos con gambas. Francisco García

No hay comentarios:

Publicar un comentario