Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

lunes, 20 de diciembre de 2010

Cómo vivir co frío sen morrer no intento

Artigo no Progreso resumido.



O INVERNO É A ESTACIÓN DO ANO que menos simpatías desperta. Non hai que ir moi lonxe para atopar esta situación, abonda con achegarse a algunha aldea da montaña de Lugo para atopar xente que se ve obrigada a pasar días sen saír da casa, que non pode traballar e, por suposto, tampouco cobrar, que ten que facer acopio de alimentos e leña para non pasar fame nin frío, nenos que perden medio curso porque non poden chegar á escola e que nin sequera teñen acceso a asistencia médica un día de temporal de neve.
O seu inverno é branco case tódolos días, ben pola neve ou ben polo xeo. Aprenderon a vivir así e non se queixan. Están concienciados. Son conscientes de que viven nun contorno natural privilexiado que esixe determinación para subsistir e moito optimismo.
Os habitantes dos pobos máis altos de Lugo despertan case tódolos días sen saber se vai chegar o panadeiro, se pasará a furgoneta de venda de alimentos a domicilio ou se poderán sacar o gando ós prados. Son cuestións que condicionan o seu modo de vida, o seu traballo, e que os obrigan a ser organizados.
Aínda así, aseguran que o inverno non lles supón gran problema. «Hai que ser previsores», di Celia Pérez, unha veciña de Poso, unha aldea de Cervantes con catro casas habitadas. «Hai que ter leña para quentarse, comida no conxelador e coller herba no verán para as vacas. Con iso podemos aguantar un tempo, ata que limpan os accesos», explica.
O seu veciño Jesús Pérez é da mesma opinión. Apunta que na maioría das casas hai vehículos todoterreo que facilitan o desprazamento incluso coas estradas en malas condicións e que as situacións de incomunicación non son tan frecuentes como hai dez anos, cando os camins eran aínda de terra e non había máquinas para limpar a neve. Pese á mellora dos medios, advirte que «hai que estar preparados. Aquí os turismos non valen e incluso cos todoterreo ou os tractores hai días que non se pode andar», indica.
NENOS SEN CLASE
Os dous nenos que viven en Poso van á escola ó concello veciño de Navia de Suarna porque o colexio de Cervantes lles queda máis lonxe. Un todoterreo recólleos na súa casa para achegalos ata a estrada que une Cervantes con Navia, onde esperan un microbús.
Algúns días, a neve ou o xeo que formase durante a noite impiden que o todoterreo chegue á aldea e os rapaces vense obrigados a coller vacacións. «Eses días quedan sen clase, tampouco podemos levalos nós porque é perigoso. Cando o transporte escolar non pasa non é recomendable circular», indica Jesús Pérez.
Esta situación repítese moitos días do inverno, pero os veciños de Poso aseguran que é asumible tendo en conta as condicións nas que se atopaban antes. «Ata hai dez anos o camiño era de terra e non había medios para quitar a neve», conta Jesús Pérez. Lembra que de neno ía á escola á aldea veciña, Pradela, andando varios kilómetros e incluso cruzando un rego sen ponte. «Tiñamos catro mestras cada ano porque ningunha quería parar aquí. Viñan un mes e dábanse de baixa».
Piornedo cobra vida as fins de semana. As pallozas e a propia neve son un reclamo turístico de excepción que atrae numerosos visitantes, pero por semana non se ve moita xente en ningunha aldea de Cervantes. Cada vez son máis os mozos que marchan e menos os nenos que nacen.
O GANDO
A maioría dos veciños de Poso e Piornedo dedícanse á gandería ou están xubilados. Neve ou quente o sol, os animais teñen que comer, polo que nas previsións de víveres é fundamental lembrarse deles.
Durante o verán, os gandeiros fan acopio de forraxes. «Cando neva só saímos para atender o gando, pero iso hai que facelo, non pode pasar», explica Celia Pérez.
Hermelinda Pérez tamén insiste nesta cuestión. «Agora non neva tanto coma antes, pero houbo tempadas de pasar ata 15 días as vacas na corte sen poder saír. Iso era un desastre, tanto para elas como para nós, que tiñamos moito máis traballo para darlles de comer», lembra.
EMERXENCIAS
O mal tempo non só dificulta a vida cotiá na montaña, senón que pode suscitar situacións perigosas en caso de emerxencia. As ambulancias non circulan con neve e os helicópteros non voan nin de noite nin con temporal, polo que atender unha urxencia médica en lugares altos en inverno convértese ás veces nunha misión imposible.
Pero os maiores de Piornedo lembran situacións moito máis dramáticas «cando non había estrada e as nevadas eran de metro e medio». Albino Rodríguez conta que un día «cando era novo» unha veciña de Piornedo sufriu un ataque de apendicite. Había que trasladala a un hospital, aínda non había estrada e o camiño estaba cheo de neve. Un rapaz foi a pé 50 kilómetros, ata Becerreá, para ir buscar o único coche disponible e achegalo todo o posible ó pobo. Mentres tanto, un veciño carpinteiro improvisou unha padiola e o resto dos homes organizáronse para levar á enferma dende Piornedo ata Degrada. Percorreron 18 quilómetros andando pola neve e cargando coa muller, en relevos de catro homes. Salváronlle a vida.
SERVIZOS
Manolo Rodríguez é o propietario do hotel Piornedo e critica a falta de atención á limpeza da estrada que chega á aldea. Pide que as administracións «teñan en conta á xente que aposta por vivir e por ter negocios na montaña». Nesta idea incide tamén Jesús Pérez, quen sostén que «estamos lonxe de todo, moi abandonados, axúdannos moi pouco, non temos nin alcantarillado. Ata deberían pagarnos por vivir aquí».
O que lles sobra é riqueza natural e humana. Non precisan cadros nas súas casas porque o que se ve dende as ventás xa adorna, beben a mellor auga, respiran o aire máis puro, valoran a vida na súa xusta medida e sempre están dispostos a parolar con quen se preste. «Aquí non se molesta, sempre hai tempo», sentencian.

lunes, 6 de diciembre de 2010

Novas pegadas do Urso nos Ancares

Do gran Blog "Noroeste Ibérico" cheganos imaxes de pegadas do Urso (Oso Cantabrico) nos Ancares;

"..Aprovechando las jornadas sobre la Perdiz Pardilla Perdix perdix (también llamada Charrela en Galicia o parda en Asturies) realizadas por la SGO en Os Ancares, con motivo de ser el ave del año 2010, nos fuimos el compañero Manolo Alonso y yo un par de días antes para disfrutar del bosque caducifolio, de la Cordillera Cantábrica y de las pocas montañas gallegas que se mantienen relativamente bien conservadas.



Además del hermoso paisaje que podeis apreciar en la foto que adorna ahora la cabecera del blog, disfrutamos de la presencia de uno de los grandes de la península...."


Tes que saber (II) Algunhas verdades sobre o Parque Natural

-Todos os anos hai un orzamento que se reparte entre todos os Parques Naturais de Galicia (actualmente 6), o % que lle corresponde a cada un vai en función da súa superficie e da poboación da área de influencia. Actualmente o máis grande é o de Baixa Limia-Serra do Xurés, o cal acapara o 41,53% do crédito. 
De constituírse, o Parque Natural dos Ancares pasaría a ser o máis grande de Galicia, co cal, o seu crédito sería o maior de todos.


-A inxección económica que suporía para a zona sería moi positiva, axudas para explotacións, para rehabilitacións, mellora de infraestruturas, desenvolvemento sostible de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, para producións artesanais, acondicionamento de rutas, áreas recreativas, turismo rural, etc, con subvencións que poden chegar ata o 75% do investimento.


-Crearíanse uns 50/60 postos de traballo directos a ocupar estes preferentemente por xente da zona, e estimase que mais de 100 indirectos, entre hostalería, turismo rural, educación, etc.


-Cando queirase vender madeira, a Xunta resérvase o dereito de Tenteo e Retracto. É dicir: que a Xunta, considerando que sexa un bosque con especies a protexer, exóticas, etc, resérvase o dereito de comprarche a madeira para preservar a talla e asinar unha especie de contrato de arrendamento por 10/15/20 anos, segundo a especie da plantación e ao seu fin, pódese volver vender dada a revalorización desa masa forestal, máis ou menos.  A leña como ata agora, nas zonas e cantidades da rede Natura 2000.


-Caza e pesca limitadas. Non prohibese, regulándose como ata agora, respectando as vedas e demais. Ni tan só o Parque Nacional mais antigo do estado, o de Picos de Europa, con 90 anos ten totalmente prohibida a pesca e a caza.


-Recollida de froitos, castañas, cogomelos, etc,etc. Está permitido para uso privado, e será autorizable para fins comerciais.

martes, 30 de noviembre de 2010

Conclúen os talleres de emprego Ancares para formar teitadores

En total, 48 mozos formáronse durante un ano e medio en labores de mampostería e como teitadores especializados na recomposición de pallozas (T.Ancares) e en xardinería (T. Sil), grazas ao millón de euros que o Consello Comarcal xestionou do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), para estes talleres que supuxeron ademais a cooperación territorial entre O Bierzo e Galicia


Os talleres cumpriron con tres obxectivos; por unha banda o desenvolvemento rural, porque a maioría de alumnos son das zonas de actuación, a recuperación do patrimonio e elementos construtivos tradicionais, e a posibilidade de inserción profesional, porque se trata de oficios que demandan este tipo de artesáns como teitadores de pallozas, canteiros e carpinteiros.

Taller Ancares


Permitiu a formación de 24 alumnos nas especialidades de mampostero e canteiro, instalación de elementos de carpintería e operacións auxiliares de albanelería.  Durante o ano e medio do taller rehabilitaron varias pallozas en Cervantes e Candín (en Pereda e Balouta), obras no Auditorio ao aire libre de Balboa e a construción dun hórreo en Cervantes. O taller contou cunha subvención do SPEE superior aos 520.000 euros.

domingo, 28 de noviembre de 2010

Invernía nos Ancares

jueves, 25 de noviembre de 2010

As Montañas do Lobo (castelán)

As Montañas do Lobo, foi un documental grabado entre Os Ancares, Terras de Burón e Terras Eonaviegas por Canal+ no ano 2003. Si non o viches no seu momento, non podes perder, é impresionante!



sábado, 20 de noviembre de 2010

A Vuelta cada día mais cerca dos Ancares

Ultimamente son moitas as noticias acerca dunha ou varias etapas da Vuelta Ciclista, a terras ancarás. 

Fai un dias coñeciamos as propostas realizadas polo colectivo "Plataforma Percorridos Ciclistas" para que se realizase algunha da etapas polo porto de Ancares.
Esta proposta constaría dunha etapa con posible final no Albergue de Degrada, o cúal consideraríase un gran punto forte polo seu perfil do 11,6%.


Para iso deseñouse 3 propostas de etapas por estas terras. A primeira constituiríao Lugo-Albergue de Degrada, de curta duración pero con con un espectacular encadeado de portos. A segunda sería a mesma pero pasando por Pan do Zarco, convirtindose nun dos portos mais duros de toda a Vuelta. Esta segunda entraría no Bierzo e coroaría o porto polo lado bercian. A terceira proposta sería desde Lugo pero con final en en Fabeiro ou Veiga de Espiñareida. Esta aproveitaría o encadeado de portos da primeira proposta e realizar o porto dos Ancares ao completo.
Unipublic, empresa organizadora da rolda ciclista, leva traballando desde fai meses con numerosas posibilidades pra confeccionar un trazado atractivo aparece unha etapa que podería converterse nunha das máis determinantes, a que sairía de Lugo con final no Alto de Ancares, no Bierzo. Un traxecto próximo aos 200 quilómetros no seu maior parte por chan galego aínda que no seu tramo definitorio por estradas bercians. Precisamente o municipio de Candín sería no que moi posiblemente a carreira viviría a súa maior intensidade. E a batalla definitiva polo triunfo contaría cunha subida próxima aos nove quilómetros tremendamente esixentes con pendentes que alcanzan o 17% e un desnivel superior aos 710 metros. Ramplas duras cunha media que non baixa do 14% constitúen o mellor exame para un pelotón no que os galos deben sacar a cabeza.


Ié que, pra os entendidos do Ciclismo, o Porto de Ancares é un dos mais espectaculares da peninsula ibérica. Non debemos esquecer a gran importáncia en promoción turística que levaria que millons de persoas vexan pola Televisión as terras ancarás. É unha oportunidade única.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Historias da despoboación

Os pobos sen mulleres, unha epidemia crecente (A Voz de Galicia)

Para gran parte dos 68 concellos galegos en cuxo censo hai máis homes que mulleres, este desequilibrio demográfico contra natura é case o último síntoma, o dato que certifica a súa data de caducidade. Non para todos, claro. Na lista hai casos con altos crecementos vexetativos


Ler o Artigo


Rosario apaga la luz de Penoselo (Diario de León)

Rosario Arias resiste sola, a los 82 años, el invierno en una aldea remota de los Ancares La vida de Rosario Arias Fernández, la única vecina que vive en Penoselo todo el año, refleja el proceso de vaciado humano de los pueblos leoneses, particularmente en el Bierzo y la montaña, desde los años 60 del siglo XX. Fue el tributo del mundo rural al desarrollismo. La huida no cesa. 

sábado, 13 de noviembre de 2010

O Río Navia quedará vedado o ano que ven

A Voz. A noticia saltou como unha bomba no sorteo da pesca fluvial celebrado onte en Lugo. Segundo confirmou o home forte da delegación provincial de Medio Ambiente da Xunta, Jesús Latexes, é moi probable que o río estrela troiteira da provincia, o Navia, sexa vedado na próxima tempada na súa case totalidade.

Salvo os cotos da cabeceira do río, As Nogais e Becerreá, o resto quedaría vedado para a próxima campaña que comeza en marzo. Só falta que o autorice o Comité Galego de Pesca Fluvial na súa reunión do próximo xoves en Santiago. Mentres, a noticia caeu como unha bomba entre os numerosos pescadores que acoden masivamente cada ano a este emblemático curso fluvial desde todos os recunchos de Galicia, Llión, Asturies e Madrid.

Desde Medio Ambiente xustificábase esta medida como da máxima urxencia, baseándose, segundo díllenos en dúas premisas primordiais: unha, a decadente e preocupante escaseza troitera actual, e outra, as consecuencias negativas das obras de remodelación da estrada que une Navia de Suarna e Becerreá. A polémica xa está servida.

jueves, 11 de noviembre de 2010

O Porco Celta, unha alternativa pra os gandeiros tradicionais!



Un lento proceso de crianza que se recompensa co prezo e a gran aceptación que alcanzan os produtos



Os produtos elaborados con carne de porco celta alcanzan prezos que duplican aos das razas máis comerciais. A pesar diso, como quedou patente na Feira de A Fonsagrada, teñen unha gran aceptación, sobre todo no mercado dos denominados artigos delicatesen. Segundo explica Pablo Valledor, xerente dunha das tres empresas elaboradoras, Porco Celta Fonsagrada, S.L., son este tipo de tendas de toda Galicia as principais distribuidoras.


Este veterinario de profesión xustifica a diferenza de prezo polos altos custos de produción e o menor aproveitamento. Fronte ao medio ano de vida que ten un porco de razas comerciais cando é sacrificado, un celta ten un período de crianza e engorde de 17 meses. O proceso é lento porque viven en espazos abertos, movéndose constantemente e queimando graxa, a pesar do cal teñen máis desperdicios que os outros á hora do despezamento.


No outono aproveitan as castañas e landras e durante todo o tempo comen herba como as vacas. O complemento de penso é de cereais e ata, como na explotación de Valledor, comen o millo na propia leira ata esgotalo.


A carne de porcos de raza celta é máis compacta e escura e, segundo sinala o criador e xerente dunha das empresas, complementan a calidade da carne coa dos produtos que lle engaden para os embutidos e para o proceso de conservación.


As outras dúas firmas que estiveron presentes onte son a tamén fonsagradina Buenavista, e a sarriá Teijeiro. Algunha ten dúas liñas de produtos elaborados.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Mapa Estradas / Carreteras dos Ancares

Un dos primeiros problemas que atoparemos cando vivimos o visitamos Os Ancares, é que moitas das estradas que existen non aparecen nos mapas. Ni tan siquera os mais coñecidos como a Guia Michelin, Mapa Oficial de Estradas, Guia Campsa, etc. e por suposto os GPS mais usados como Tomtom, Teleatlas ou o mesmo Google maps, parecen esquecer moitas das estradas entre os vilares, polo que é moi fácil perderse nesta terra.


Pra evitar ese problema hemos subido ao noso blog o único mapa ata o dia de hoxe que ten todas e cada unha das estradas ancarás, pra poidades orientarvos ben polas ruas luguesas e bercians. A tedes en dos versions, unha de calidade media, de 1.4 megas é 4000 pixeles de resolución e a outra de mais calidade de 8000 pixeles e 32 megas.








Mapa Estradas 8000 px JPG 32.2 mg (servidor megupload)

domingo, 7 de noviembre de 2010

Xa somos mais de 700 no canle de Facebook

Namais duas semanas, fixeron falta pra chegar ata as 700 persoas, do Canle en Facebook que queren o Parque Natural nas nosas terras. ¿E ti? ¿Que estades esperando?, poderas atopar nela moitas cosas, imaxes, curiosidades, enderezos, xente coa que compartir cousas. Estamos esperandote!

http://www.facebook.com/profile.php?id=100001759233203&v=wall

sábado, 6 de noviembre de 2010

Video; Ancares na Nostalxia

jueves, 4 de noviembre de 2010

O xentilicio dos Ancares

E seguindo co tema da lingua, comentabanos no canle de Facebook "Ancares Parque Natural", o xeógrafo e etnógrafo galego, Carlos Varela Aenlle, qué os xentilicios que utilizanse a miúdo entre os medios, as persoas e na rede (entre eles NÓS o primeiros), talles como ancareses, ancareños, ancarenses non son os xentilicios correctos. Algúns por ser castelanismos, outros por ser simplemente incorrectos.

O xentilicios que temos que usar en galego son;



masculino ANCARAO

feminino ANCARÁ

plural masc. ANCARAOS

plural fim. ANCARÁS

Para iso tróuxonos algunhas probas. Na primeira atopamosla na propia Xunta, na que nunha das suas edicions do galego lexico atopamos o xentilicios das comarcas e concellos galegos. A versión en pdf, na paxina 68 é o xentilicio correcto. Tamén o Doctor en Filoloxía Románica, Xavier Frías Conde, no seu artigo "Sobre os bloques dialeetais do galego" na paxina 242 atopamos o mismo xentilicio. Tamén neste artigo da Complutense de Madrid aquí na paxina 65.



Polo tanto, desde o blog a partir de agora, utilizaremos os termos "ancarao,ancará" por parecernos os correitos na lingua galega, e invitamosvos a toudos a facer servir a forma correcta. Calquer suxerencia podesla facer a ghaillic@gmail.com ou no canle de Facebook

domingo, 31 de octubre de 2010

Palabras de noso nº1

Comezamos hoxe unha nova sección coa colaboración do Equipo Normalización Lingüística (ENDL) de Navia de Suarna, no que iremos poñendo palabras dos Ancares que forman parte da nosa variedade oriental do galego.
O listaxe de palabras ancareñas recollidas polo alumnado do CPI de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, Terras de Burón (A Fonsagrada), Ibias, Bierzo e na montaña lucense en xeral.
Se coñecedes algunha palabra curiosa, rara ou pouco frecuente e queredes que apareza aquí mandádenos un correo a cpinavia@gmail.com na que conste a definición e unha frase de exemplo.

PALABRAS DE NOSO (paxina no facebook)

REMUXIDO: enfermo, esblancuxado, pálido con mal aspecto físico.

.-"Que che pasa Jose?. Tas remuxido. Non tarás a enfermar ti tamén?"


LORDENTO: que está cheo de sucidade, porco.

-"Limpa os pantalóns Brais, que tas feito un lordento"

ENLORDAR: ensuciar con lama.

.-"Pon as botas pra ir ao prado de Nucide que te vas enlordar"


ESTOXAR: aborrecer, desprezar, sentir noxo por algunha cousa, sobre todo comida.

.-"Comín tantas androllas este inverno que acabei estoxándoas"

DERRENGADO: moi canso, extenuado, rendido.

.-"Veño derrengado de rozar no monte"


XOSTRA: Vara delgada e flexible que se emprega para afalr o gando. Anaco de coiro co que se ferran os zocos. Xesta.

.-"Mira Ana, como non te portes vas levar unha xostrada, que non che van quedar de voltar por outras!!"


ATOAR: obstruir, cegarse, ocluir, atascarse un conduto, canle, tubaxe, etc VARIANTE: atuír.

.-"Quedamos sen auga debe estar atoado o tubo da traída"


BARAZA: fita ou corda pequena e delgada que se emprega para suxeitar ou atar algo.

.-"Vai ao taller e apaña unha baraza para atar o saco"


Xá falando da nosa variedade dialectal, o galego oriental, que falase nos Ancares, Terras de Burón, Ibias, Bierzo, Eo-Navia, etc. aquí tedes un video moi simpatico que falanos dela.

sábado, 30 de octubre de 2010

Plantar centeo pra teitar, agora con axudas económicas

Comentannos dende o GDR-5 Ancares-Courel, mais concretamente Xosé Espín, que a asociación de Desenvolvemento Rural, esta na idea de pagar a quen cultive centeo como axuda a restauración de teitos de horreos e pallozas nos Ancares.


A idea trata de que, algún labrego sembre centeo, con axuda económica do G.D.R-5 e de esa maneira poidan conseguir os colmos a un precio mínimo, a xente que queira restaurar, con calidade de palla de monte.


Haberia que presentar un proxecto, e para elo temos técnicos nas oficiñas do G.D.R-5


A xerente chámase Raquel Zolle 
e o telefono 982 36 08 24
As oficinas estan na
Rua Bolaño Mendo, s/n. 4º. 27640-Becerreá
No 2º andar das oficiñas de extensión agraria.


Ista é unha maneira de ter centeo de boa calidade, xa que a que necesitan os teitos te que ser cultivada na montaña, e si pode ser brava mellor, xá que a que compran actualmente en Astorga (Lleón) non está plantada no mesmo tempo ambiental que a Serra Ancareña..


foto; Juan L Osorio

Ursos novos nos vellos Ancares

6 osos pardos ollados nos Ancares Lugueses


A reactivación en xullo das patrullas de seguimento de osos en Galicia está a deparar resultados alentadores, pois desde entón os vixiantes puideron observar directamente 6 animais e recolleron datos de presenza de oso en 24 ocasións. Isto demostra, segundo o coordinador de proxectos da Fundación Oso Pardo (FOP), José Luis García Lorenzo, que as visitas desde os territorios limítrofes de Asturies e Lleón son cada vez máis frecuentes e prolongadas en Galicia, aínda que polo momento ningunha femia decidiuse a criar nos Ancares e O Courel.


As patrullas de FOP interrompéronse coa nova Administración da Xunta, pero en xullo pasado retomouse o convenio (ata finais do 2011, por importe de 127.020 euros) para que dous ancareses renoven o seguimento dos osos e a loita contra o furtivismo, desenvolvida desde 1997. Antes realizábana tres persoas e agora son Antonio do Pobo e Jesús Gómez os encargados, que tamén localizaron e retirado once lazos ilegais de aceiro colocados por furtivos nos Ancares.


Pra non dar outro paso máis no empobrecimiento biolóxico da montaña, onde desapareceu a Pita do Monte (urogallo) e aínda non hai un mínimo acordo sobre o tan reiterado proxecto, nunca conseguido, de crear un Parque Nacional. Poida que o galopante despoboamento provoque o inmobilismo, porque, a menos xente, menos votos, menor orzamento e atención das Administracións. Resulta paradoxal que, cando o home ocupaba a conciencia ata o último recuncho dos Ancares, cando os pobos estaban cheos non quedaba unha brizna de herba sen cortar, todas as especies saíron adiante, como unha cadea, sen tanto conflito e demagoxias actuais. É agora, cando a taxa de actividade humana na provincia é bajísima (53,19%, a terceira peor de España só por detrás da de Ourense e Melilla), cando máis destacan os problemas ambientais. Recordar que o decaimiento da poboación en Cervantes e As Nogais, por pór dous exemplos, é notorio. O último censo di que no primeiro municipio viven 1.731 almas (971 homes e 760 mulleres) e en Navia 1.441 persoas (778 homes e 663 mulleres). As proxeccións de poboación realizadas son desalentadoras.




A boa noticia, sempre hai que alegrarse polo veciño, , é que os Ursos aumentan a súa presenza no leste da provincia. A Xunta e a Fundación Oso Pardo tiveron a ben retomar a colaboración para mirar un pouco por estes asombrosos animais, solitarios exceptuando os períodos de celo, e que seguen ameazados por velenos e lazos, a pesar de que a súa colocación é un delito penal que pode alcanzar penas de prisión, multas e inhabilitacións para cazar. A Patrulla Oso Galicia está de volta, aínda que sexa con dous dos 3 integrantes que tiña, e seguirá coordinándose cos técnicos e vixiantes da Reserva de caza dos Ancares, repartindo pastores eléctricos para protexer colmenares e cultivos, e tornando da praga de xabarís na zona e montes limítrofes. A maior parte dos que pasan tempadas en Galicia son novas. Son esquivos e é difícil saber se se trata de macho ou femia, a menos que vaian acompañados de crías.

miércoles, 27 de octubre de 2010

XII Magosto Celta de Balboa

Nova edición do Magosto mais conhecido dos Ancares, o MAGOSTO CELTA de Balboa, un dos mais antigos, nun dos pobos mais representativos do Bierzo, que celebranse en duas pallozas, a de Balboa e a Chis, é tamén na nova Casa Das Xentes . Nesta festa contan cunha boa representación de gaiteiros tradicionais pero tamén podemos dar un repaso ao estado do rock bravú galego do século XXI que asomase ao folk coa axuda doutros ritmos mestizos como a patchanka ou o punk-folk. En breve poñeran os horarios das actuacións que iniciaránse o venres ás 23 h. e finalizarán o domingo ás 17 h. ¡Bo Magosto!


Mais info 
http://lacasadelasgentes.blogspot.com/2010/10/magosto-2010-los-grupos.html



Os Grupos que tocarán nesta edición dintro das pallozas  serán;

Celticúe            Residuos Atractivas
L'Arcu La Vieya    Ruxe Ruxe
Ulträqäns           Haberlas Hainas
Os Cuchufellos     Medulia Banana Folk
Xuaco Amieva

martes, 26 de octubre de 2010

Galicia pode ser sancionada pola UE por non protexer Os Ancares e Courel

A Xunta arríscase a unha sanción da Unión Europea por non presentar a tempo os plans de conservación dos espazos que integran a Rede Natura


O Executivo tivo un prazo de 6 anos para aprobalos que acaba en decembro, pero ata esa data só ten previsto diponer de "un documento de base" co que iniciar a súa tramitación "cunha gran participación pública", segundo a Consellería de Medio Rural, polo que non chegará a tempo de cumprir coas directrices europeas.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo creado para protexer os hábitats e especies silvestres máis importantes do continente. A lista de parques incluídos foi aprobada pola Comisión Europea en decembro de 2004, e desde ese momento abriuse un prazo de 6 anos pra presentar os plans de conservación das diferentes zonas protexidas. Ademais, a Lei de Conservación dá Natureza de Galicia, aprobada en 2001, obriga a redactar os plans de conservación destes espazos dous anos logo da súa designación, prazo que finalizou en 2006.


Se a Comisión Europea non inicia de oficio os trámites para sancionar á Xunta, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) está disposta a emprender accións legais. Pero o trámite é longo e complexo. A Comisión dá un máximo de dous avisos ás administracións, e se as respostas non convencen a Bruxelas pode levar o caso aos tribunais e pedir que se lle impoña unha multa.


Con todo, os ecoloxistas apuntan ao intento da consellería de solucionar ao mesmo tempo o conflito dos Ancares e O Courel. O bipartito pretendía converter estas zonas da Rede Natura en parques naturais, pero os conflitos entre veciños e alcaldes impediron unha solución de consenso. O cambio de goberno na Xunta interrompeu todos os plans dos socialistas.


Nun primeiro momento, o novo Executivo do PP intentou escudarse en que "houbo que partir de cero para redactar un novo plan", pero preguntada pola existencia do documento do bipartito cambiou a versión para asegurar que "en función dese documento estase traballando nunha nova proposta que permita combinar mellor a conservación da natureza coas actividades humanas".


A Consellería de Medio Rural tamén renunciou a ampliar a Rede Natura galega, co que Galicia seguirá sendo o territorio con menos porcentaxe de paraxes protexidas de España, só logo de Ceuta.

domingo, 24 de octubre de 2010

6,8 millóns mais pra a Rede Natura en Lugo

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) investirá 6,8 millóns ata o 2013 na realización de obras de conservación das áreas da provincia de Lugo incluídas na Rede Natura. Estes proxectos forman parte dun convenio asinado polo ministerio e a Consellería de Medio Rural, polo que este departamento da Xunta comprométese a investir outros 4 millóns de euros en toda Galicia.


Nos Ancares, o ministerio investirá 700.000 euros en melloras de hábitats e infraestruturas e outros 200.000, na conservación de turberas na provincia, cun investimento que se repartirá en tres anos (200.000 no 2011, 200.000 no 2012 e 300.000 no 2013). As turberas da provincia -son coñecidas e valiosas as do Xistral e Ancares- recibirán 200.000 euros para conservación e recuperación. Hai tamén proxectos de conservación de corredores ecolóxicos e de redes fluviais en zonas da provincia que teñen a consideración de LIC (Lugar de Interese Comunitario), para o que se destinan 500.000 euros entre o 2011 e o 2013.

sábado, 23 de octubre de 2010

Lendas dos Ancares; "Una cidade nos Ancares, Capara"

Ista é una doble Lenda ou Lenda con dos versions, xá que ainda son dúas historias diferentes, as duas falan dun mito, a cidade dos Ancares; Capara ou Alcaparra.

Versión Ancares Bercians

Transmitido durante xeracións, una historia asombrosa vén sendo contada:
"A cidade de Capara* era un poboado mineiro importante, que situabase a pouca distancia do xacemento de "A Leitosa" e, máis en concreto, no lugar de Veigueliña.
Un día de fornada, cando estaban cocendo, apareceu por alí un home vello e famento, implorando un anaco de pan. Cortaron un pequeno pedazo de masa, póndoo a cocer. Empezou a esponxarse de tal xeito que se formou unha bolla de enormes proporcións. Introduciron un minúsculo anaco de masa, seguidamente, pero a gran sorpresa foi que sucedeu o mesmo. Ante a pouca caridade cristiá dos aldeáns, xurdiu unha persoa que lles recriminou a súa acción.
O visitante-esmoleiro díxolle a este bo e xeneroso home que lle acompañase. Así se encamiñaron nos arredores do pobo, sen mirar cara atrás. Cando tornaron a súa mirada, observaron como a cidade de Capara afundíase pola súa cobiza e ambición.
Crese que o ancián era Deus que quixo pór a proba aos poboadores desta cidade.Contan que, máis ben a comezos do século pasado, chegou un mestre á escola do Estado de Veigueliña. Este home tiña o costume-teima de sacar, de cando en vez, aos seus pupilos do aula e, obrigándoos a mirar cara á Leitosa, mandáballes repetir a seguinte proclama "Viva a cidade de Alcaparra"


Versión Ancares Lucenses*

O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares.

Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Capara* e tiña unha filla á que estexaban dous rapaces.

A nai da rapaza quería que casase co rico mentres que a moza prefería ó máis pobre.

O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla.

Esta é a razón que explica que haxa dúas presas  en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á  obra o que chegou antes coa cal de auga á  cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio.

Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Capara e desapareceu. Por iso quedou o dito:
 

"A cidade de Capara* asulagouse por home bon e muller mala"


*(Capara) No Códice Calixtino, aparece o nome de Capara. A evolución fixo que o nome fose castelanizado por Alcaparra 
* (Version 2) Esta lenda foi recollida a principios da década de mil novecentos noventa á informante Sra. María de Casa Naipes, de Donís, Cervantes.