Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

martes, 26 de octubre de 2010

Galicia pode ser sancionada pola UE por non protexer Os Ancares e Courel

A Xunta arríscase a unha sanción da Unión Europea por non presentar a tempo os plans de conservación dos espazos que integran a Rede Natura


O Executivo tivo un prazo de 6 anos para aprobalos que acaba en decembro, pero ata esa data só ten previsto diponer de "un documento de base" co que iniciar a súa tramitación "cunha gran participación pública", segundo a Consellería de Medio Rural, polo que non chegará a tempo de cumprir coas directrices europeas.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo creado para protexer os hábitats e especies silvestres máis importantes do continente. A lista de parques incluídos foi aprobada pola Comisión Europea en decembro de 2004, e desde ese momento abriuse un prazo de 6 anos pra presentar os plans de conservación das diferentes zonas protexidas. Ademais, a Lei de Conservación dá Natureza de Galicia, aprobada en 2001, obriga a redactar os plans de conservación destes espazos dous anos logo da súa designación, prazo que finalizou en 2006.


Se a Comisión Europea non inicia de oficio os trámites para sancionar á Xunta, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) está disposta a emprender accións legais. Pero o trámite é longo e complexo. A Comisión dá un máximo de dous avisos ás administracións, e se as respostas non convencen a Bruxelas pode levar o caso aos tribunais e pedir que se lle impoña unha multa.


Con todo, os ecoloxistas apuntan ao intento da consellería de solucionar ao mesmo tempo o conflito dos Ancares e O Courel. O bipartito pretendía converter estas zonas da Rede Natura en parques naturais, pero os conflitos entre veciños e alcaldes impediron unha solución de consenso. O cambio de goberno na Xunta interrompeu todos os plans dos socialistas.


Nun primeiro momento, o novo Executivo do PP intentou escudarse en que "houbo que partir de cero para redactar un novo plan", pero preguntada pola existencia do documento do bipartito cambiou a versión para asegurar que "en función dese documento estase traballando nunha nova proposta que permita combinar mellor a conservación da natureza coas actividades humanas".


A Consellería de Medio Rural tamén renunciou a ampliar a Rede Natura galega, co que Galicia seguirá sendo o territorio con menos porcentaxe de paraxes protexidas de España, só logo de Ceuta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario