Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

sábado, 30 de octubre de 2010

Ursos novos nos vellos Ancares

6 osos pardos ollados nos Ancares Lugueses


A reactivación en xullo das patrullas de seguimento de osos en Galicia está a deparar resultados alentadores, pois desde entón os vixiantes puideron observar directamente 6 animais e recolleron datos de presenza de oso en 24 ocasións. Isto demostra, segundo o coordinador de proxectos da Fundación Oso Pardo (FOP), José Luis García Lorenzo, que as visitas desde os territorios limítrofes de Asturies e Lleón son cada vez máis frecuentes e prolongadas en Galicia, aínda que polo momento ningunha femia decidiuse a criar nos Ancares e O Courel.


As patrullas de FOP interrompéronse coa nova Administración da Xunta, pero en xullo pasado retomouse o convenio (ata finais do 2011, por importe de 127.020 euros) para que dous ancareses renoven o seguimento dos osos e a loita contra o furtivismo, desenvolvida desde 1997. Antes realizábana tres persoas e agora son Antonio do Pobo e Jesús Gómez os encargados, que tamén localizaron e retirado once lazos ilegais de aceiro colocados por furtivos nos Ancares.


Pra non dar outro paso máis no empobrecimiento biolóxico da montaña, onde desapareceu a Pita do Monte (urogallo) e aínda non hai un mínimo acordo sobre o tan reiterado proxecto, nunca conseguido, de crear un Parque Nacional. Poida que o galopante despoboamento provoque o inmobilismo, porque, a menos xente, menos votos, menor orzamento e atención das Administracións. Resulta paradoxal que, cando o home ocupaba a conciencia ata o último recuncho dos Ancares, cando os pobos estaban cheos non quedaba unha brizna de herba sen cortar, todas as especies saíron adiante, como unha cadea, sen tanto conflito e demagoxias actuais. É agora, cando a taxa de actividade humana na provincia é bajísima (53,19%, a terceira peor de España só por detrás da de Ourense e Melilla), cando máis destacan os problemas ambientais. Recordar que o decaimiento da poboación en Cervantes e As Nogais, por pór dous exemplos, é notorio. O último censo di que no primeiro municipio viven 1.731 almas (971 homes e 760 mulleres) e en Navia 1.441 persoas (778 homes e 663 mulleres). As proxeccións de poboación realizadas son desalentadoras.




A boa noticia, sempre hai que alegrarse polo veciño, , é que os Ursos aumentan a súa presenza no leste da provincia. A Xunta e a Fundación Oso Pardo tiveron a ben retomar a colaboración para mirar un pouco por estes asombrosos animais, solitarios exceptuando os períodos de celo, e que seguen ameazados por velenos e lazos, a pesar de que a súa colocación é un delito penal que pode alcanzar penas de prisión, multas e inhabilitacións para cazar. A Patrulla Oso Galicia está de volta, aínda que sexa con dous dos 3 integrantes que tiña, e seguirá coordinándose cos técnicos e vixiantes da Reserva de caza dos Ancares, repartindo pastores eléctricos para protexer colmenares e cultivos, e tornando da praga de xabarís na zona e montes limítrofes. A maior parte dos que pasan tempadas en Galicia son novas. Son esquivos e é difícil saber se se trata de macho ou femia, a menos que vaian acompañados de crías.

2 comentarios:

  1. ¿Sábese si os 6 avistamentos se corresponden con 6 osos distintos ou se trata de menos animais vistos varias veces? Imaxino que sexa está última opción.
    Na parte leonesa teño vistas pegadas, rastros e desfeitas en colmenares silvestres no val do Valcarce, e na parte da serra hai polo menos dúas osas reproductoras.
    Un saúdo. Miguel. Trabadelo

    ResponderEliminar
  2. Tratase de 24 ollamentos de 6 ursos distintos, todos eles machos.

    Si tenia coñecemento das duas femias no lado bercian, ainda que non chegaron ao lado lugués. Si non fora pola Reserva berciana, que esta ben protexida, moi posibelmente o osos estaría tamen desaparecidos de Galicia, como pasou ca Pita de Monte.

    ResponderEliminar