Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?
Mostrando entradas con la etiqueta conselleria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conselleria. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de octubre de 2010

Galicia pode ser sancionada pola UE por non protexer Os Ancares e Courel

A Xunta arríscase a unha sanción da Unión Europea por non presentar a tempo os plans de conservación dos espazos que integran a Rede Natura. 


O Executivo tivo un prazo de 6 anos para aprobalos que acaba en decembro, pero ata esa data só ten previsto diponer de "un documento de base" co que iniciar a súa tramitación "cunha gran participación pública", segundo a Consellería de Medio Rural, polo que non chegará a tempo de cumprir coas directrices europeas.
A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo creado para protexer os hábitats e especies silvestres máis importantes do continente. A lista de parques incluídos foi aprobada pola Comisión Europea en decembro de 2004, e desde ese momento abriuse un prazo de 6 anos pra presentar os plans de conservación das diferentes zonas protexidas. Ademais, a Lei de Conservación dá Natureza de Galicia, aprobada en 2001, obriga a redactar os plans de conservación destes espazos dous anos logo da súa designación, prazo que finalizou en 2006.


Se a Comisión Europea non inicia de oficio os trámites para sancionar á Xunta, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) está disposta a emprender accións legais. Pero o trámite é longo e complexo. A Comisión dá un máximo de dous avisos ás administracións, e se as respostas non convencen a Bruxelas pode levar o caso aos tribunais e pedir que se lle impoña unha multa.


Con todo, os ecoloxistas apuntan ao intento da consellería de solucionar ao mesmo tempo o conflito dos Ancares e O Courel. O bipartito pretendía converter estas zonas da Rede Natura en parques naturais, pero os conflitos entre veciños e alcaldes impediron unha solución de consenso. O cambio de goberno na Xunta interrompeu todos os plans dos socialistas.


Nun primeiro momento, o novo Executivo do PP intentou escudarse en que "houbo que partir de cero para redactar un novo plan", pero preguntada pola existencia do documento do bipartito cambiou a versión para asegurar que "en función dese documento estase traballando nunha nova proposta que permita combinar mellor a conservación da natureza coas actividades humanas".


A Consellería de Medio Rural tamén renunciou a ampliar a Rede Natura galega, co que Galicia seguirá sendo o territorio con menos porcentaxe de paraxes protexidas de España, só logo de Ceuta.

sábado, 1 de mayo de 2010

Nin Os Ancares nin O Courel serán por agora parque natural


A Consellería de Samuel Juárez descarta polo momento a declaración dos Ancares e O Courel


A ampliación da rede galega de parques naturais non é un dos obxectivos prioritarios da Consellería de Medio Rural. O departamento que dirixe Samuel Juárez (PP) pretende durante a lexislatura dotar aos seis espazos protexidos e ao parque nacional das Illas Atlánticas dunha planificación e abordar a longo prazo a incorporación de novos territorios. O conselleiro de Medio Rural inaugurou onte en Santiago o foro Patrimonio Natural de Galicia: Conservación e Uso Sostible.


Os Ancares e O Courel eran ata agora os dous candidatos a formar parte da rede. A oposición veciñal na primeira das zonas da montaña lucense levou á Consellería a descartar, de momento, a súa inclusión. No Courel, os seus habitantes si queren o parque. "Seguiremos traballando no tema, pero a estratexia é desenvolver os xa existentes", explicou onte o subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, Rogelio Fernández Díaz.
O secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, urxiu onte á Xunta esa mellora. Segundo explicou, ningún dos parques naturais conta cun Plan Director de Uso e Xestión, o documento que establece que pode e que non pode facerse en cada zona do parque. "É unha fotografía bastante lamentable do que fai a Administración por cumprir as súas propias leis", considerou.
O subdirector xeral de Espazos Naturais explicou onte que se está traballando no tema. Ademais, os territorios incluídos na Rede Natura (unha figura de protección promovida pola Unión Europea) contarán en breve cun plan director. "No segundo trimestre do ano estará en marcha", prometeu onte Rogelio Fernández. Posteriormente, a Xunta vai abordar a prometida ampliación da rede.
A falta dun documento que determine claramente os usos permitidos e prohibidos nestes espazos protexidos foi unha das causas do rexeitamento social á súa creación. O director da Asociación Galega Monte-Industria, Juan Picos, asegurou onte que "unha das especies que tiñan que protexer máis é o habitante da zona rural". Picos explicou que a propia Comisión Europea manifestou nun estudo a súa preocupación pola implantación da Rede Natura no territorio. "Detectáronse carencias de información, falta de entendemento e ausencia de compensacións aos propietarios dos terreos", incidiu.
Pablo Ramil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), tamén botou man dos informes da Unión Europea. Segundo asegurou, a primeira avaliación do plan de acción 2006-2010 para conservar a biodiversidade no continente non é moi esperanzadora. "A zona peor conservada é a zona atlántica, e sobre todo a parte do sur, é dicir, España e Portugal", sinalou.
Desde o colexio de biólogos, Emilio Rodríguez Merino recordou que os espazos protexidos non poden constituír "illas" e pediu tamén políticas de conservación para o resto do territorio.