-Todos os anos hai un orzamento que se reparte entre todos os Parques Naturais de Galicia (actualmente 6), o % que lle corresponde a cada un vai en función da súa superficie e da poboación da área de influencia. Actualmente o máis grande é o de Baixa Limia-Serra do Xurés, o cal acapara o 41,53% do crédito.
De constituírse, o Parque Natural dos Ancares pasaría a ser o máis grande de Galicia, co cal, o seu crédito sería o maior de todos.
-A inxección económica que suporía para a zona sería moi positiva, axudas para explotacións, para rehabilitacións, mellora de infraestruturas, desenvolvemento sostible de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, para producións artesanais, acondicionamento de rutas, áreas recreativas, turismo rural, etc, con subvencións que poden chegar ata o 75% do investimento.
-Crearíanse uns 50/60 postos de traballo directos a ocupar estes preferentemente por xente da zona, e estimase que mais de 100 indirectos, entre hostalería, turismo rural, educación, etc.
-Cando queirase vender madeira, a Xunta resérvase o dereito de Tenteo e Retracto. É dicir: que a Xunta, considerando que sexa un bosque con especies a protexer, exóticas, etc, resérvase o dereito de comprarche a madeira para preservar a talla e asinar unha especie de contrato de arrendamento por 10/15/20 anos, segundo a especie da plantación e ao seu fin, pódese volver vender dada a revalorización desa masa forestal, máis ou menos. A leña como ata agora, nas zonas e cantidades da rede Natura 2000.
-Caza e pesca limitadas. Non prohibese, regulándose como ata agora, respectando as vedas e demais. Ni tan só o Parque Nacional mais antigo do estado, o de Picos de Europa, con 90 anos ten totalmente prohibida a pesca e a caza.
-Recollida de froitos, castañas, cogomelos, etc,etc. Está permitido para uso privado, e será autorizable para fins comerciais.
lunes, 6 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pues paez que non tou'l mundu ta d'acuerdu...... Hai más d'un "vikingo" pola Rede axuntándose a la escontra'l Parque. Peru nun-l.lys veo dar razones, simplemente opónense ya seman moruxa. Argumentos, ¿pa qué? Valía-l.lys más l.leer enantes de falar.
ResponderEliminarMoi certo Xastre, son xente con intereses na caza, de feito o que preside a asociación en contra do Parque Natural, é tamén o presidente da asociación de tecores de caza de Navia.
ResponderEliminar