Ista é una doble Lenda ou Lenda con dos versions, xá que ainda son dúas historias diferentes, as duas falan dun mito, a cidade dos Ancares; Capara ou Alcaparra.
Versión Ancares Bercians
Transmitido durante xeracións, una historia asombrosa vén sendo contada:
"A cidade de Capara* era un poboado mineiro importante, que situabase a pouca distancia do xacemento de "A Leitosa" e, máis en concreto, no lugar de Veigueliña.
Un día de fornada, cando estaban cocendo, apareceu por alí un home vello e famento, implorando un anaco de pan. Cortaron un pequeno pedazo de masa, póndoo a cocer. Empezou a esponxarse de tal xeito que se formou unha bolla de enormes proporcións. Introduciron un minúsculo anaco de masa, seguidamente, pero a gran sorpresa foi que sucedeu o mesmo. Ante a pouca caridade cristiá dos aldeáns, xurdiu unha persoa que lles recriminou a súa acción.
O visitante-esmoleiro díxolle a este bo e xeneroso home que lle acompañase. Así se encamiñaron nos arredores do pobo, sen mirar cara atrás. Cando tornaron a súa mirada, observaron como a cidade de Capara afundíase pola súa cobiza e ambición.
Crese que o ancián era Deus que quixo pór a proba aos poboadores desta cidade.Contan que, máis ben a comezos do século pasado, chegou un mestre á escola do Estado de Veigueliña. Este home tiña o costume-teima de sacar, de cando en vez, aos seus pupilos do aula e, obrigándoos a mirar cara á Leitosa, mandáballes repetir a seguinte proclama "Viva a cidade de Alcaparra"

Versión Ancares Lucenses*
O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares.
Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Capara* e tiña unha filla á que estexaban dous rapaces.
O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla.
Esta é a razón que explica que haxa dúas presas en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á obra o que chegou antes coa cal de auga á cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio.
Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Capara e desapareceu. Por iso quedou o dito:
"A cidade de Capara* asulagouse por home bon e muller mala"
*(Capara) No Códice Calixtino, aparece o nome de Capara. A evolución fixo que o nome fose castelanizado por Alcaparra
* (Version 2) Esta lenda foi recollida a principios da década de mil novecentos noventa á informante Sra. María de Casa Naipes, de Donís, Cervantes.
Soy un apasionado de las leyendas, y éstas me gustaron.
ResponderEliminarUn saludo..
É curioso atopar dos lendas tan diferentes pero que falan dun mesmo mito.
ResponderEliminar