O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) investirá 6,8 millóns ata o 2013 na realización de obras de conservación das áreas da provincia de Lugo incluídas na Rede Natura. Estes proxectos forman parte dun convenio asinado polo ministerio e a Consellería de Medio Rural, polo que este departamento da Xunta comprométese a investir outros 4 millóns de euros en toda Galicia.
Nos Ancares, o ministerio investirá 700.000 euros en melloras de hábitats e infraestruturas e outros 200.000, na conservación de turberas na provincia, cun investimento que se repartirá en tres anos (200.000 no 2011, 200.000 no 2012 e 300.000 no 2013). As turberas da provincia -son coñecidas e valiosas as do Xistral e Ancares- recibirán 200.000 euros para conservación e recuperación. Hai tamén proxectos de conservación de corredores ecolóxicos e de redes fluviais en zonas da provincia que teñen a consideración de LIC (Lugar de Interese Comunitario), para o que se destinan 500.000 euros entre o 2011 e o 2013.
domingo, 24 de octubre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario