Os talleres cumpriron con tres obxectivos; por unha banda o desenvolvemento rural, porque a maioría de alumnos son das zonas de actuación, a recuperación do patrimonio e elementos construtivos tradicionais, e a posibilidade de inserción profesional, porque se trata de oficios que demandan este tipo de artesáns como teitadores de pallozas, canteiros e carpinteiros.
Taller Ancares
Permitiu a formación de 24 alumnos nas especialidades de mampostero e canteiro, instalación de elementos de carpintería e operacións auxiliares de albanelería. Durante o ano e medio do taller rehabilitaron varias pallozas en Cervantes e Candín (en Pereda e Balouta), obras no Auditorio ao aire libre de Balboa e a construción dun hórreo en Cervantes. O taller contou cunha subvención do SPEE superior aos 520.000 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario