Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

jueves, 11 de noviembre de 2010

O Porco Celta, unha alternativa pra os gandeiros tradicionais!



Un lento proceso de crianza que se recompensa co prezo e a gran aceptación que alcanzan os produtos



Os produtos elaborados con carne de porco celta alcanzan prezos que duplican aos das razas máis comerciais. A pesar diso, como quedou patente na Feira de A Fonsagrada, teñen unha gran aceptación, sobre todo no mercado dos denominados artigos delicatesen. Segundo explica Pablo Valledor, xerente dunha das tres empresas elaboradoras, Porco Celta Fonsagrada, S.L., son este tipo de tendas de toda Galicia as principais distribuidoras.


Este veterinario de profesión xustifica a diferenza de prezo polos altos custos de produción e o menor aproveitamento. Fronte ao medio ano de vida que ten un porco de razas comerciais cando é sacrificado, un celta ten un período de crianza e engorde de 17 meses. O proceso é lento porque viven en espazos abertos, movéndose constantemente e queimando graxa, a pesar do cal teñen máis desperdicios que os outros á hora do despezamento.


No outono aproveitan as castañas e landras e durante todo o tempo comen herba como as vacas. O complemento de penso é de cereais e ata, como na explotación de Valledor, comen o millo na propia leira ata esgotalo.


A carne de porcos de raza celta é máis compacta e escura e, segundo sinala o criador e xerente dunha das empresas, complementan a calidade da carne coa dos produtos que lle engaden para os embutidos e para o proceso de conservación.


As outras dúas firmas que estiveron presentes onte son a tamén fonsagradina Buenavista, e a sarriá Teijeiro. Algunha ten dúas liñas de produtos elaborados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario