
O obxectivo é que o plan estableza accións formativas e actuacións en defensa da conservación das paisaxes e os ecosistemas destes vales da comarca do Bierzo que comparte tamén territorio con Lugo. O documento, no que xa están traballando os Concellos de Veiga de Espinareda, Vilafranca do Bierzo, Candín e Peranzanes tamén debe establecer medidas para fomentar o turismo e o desenvolvemento económico da Serra dos Ancares, segundo adiantou o portavoz do consorcio e alcalde de Veiga de Espinareda, Santiago Rodríguez.
«Hai que presentar un plan estratéxico porque é unha demanda do Ministerio e da Unesco. En seis meses ten que estar confeccionado para polo en marcha canto antes. A idea é impulsar a formación e ver as posibilidades de futuro, que eu creo que son moitas en canto a turismo, natureza, gandería e todo tipo de actividades que axuden a desenvolver a zona», explicou o mandatario municipal.
O consorcio para a protección destes valores naturais bercianos ultima tamén a integración da Fundación Cidade da Enerxía de Ponferrada neste proxecto, para desenvolver iniciativas que contribúan a potenciar a investigación e a mellora da Reserva da Biosfera dos Ancares. O consorcio considera que a entrada da Ciuden pode supor un importante motor para impulsar a Reserva de Ancares, xa que a fundación porá a disposición aos seus técnicos e todo o seu potencial de xestión administrativa ante diferentes organismos públicos.
Tamén concellos próximos como Arganza e Cacabelos mostraron o seu interese de integrarse no consorcio de «Ancares, Reserva da Biosfera», aínda que dependerá da Unesco e do Ministerio de Medio Ambiente. Os primeiros investimentos do Goberno nos Ancares suman os 330.000 euros.
Al administrador del Blog
ResponderEliminarEntre en el siguiente enlace, un trabajo sobre Ancares que seguro le interesara
http://go2.wordpress.com/?id=725X1342&site=unavueltamejor.wordpress.com&url=http%3A%2F%2Funavueltamejor.files.wordpress.com%2F2009%2F03%2Finforme-ancares-20.pdf&sref=http%3A%2F%2Fplataformarecorridosciclistas.org%2F
Un saludo, Victor
Grazas Victor, vou darlle una ollada
ResponderEliminar