
O campo de traballo internacional de Quintá de Cancelada, situado no concello de Becerreá, rescatará unha antiga ruta, destinada á práctica de sendeirismo. O obxetivo, recuperar o camiño da ribeira do río Donsal, afluente do Navia e un dos moitos camiños castrexos da comarca dos Ancares.
Doce mozos, con idades comprendidas entre os 18 e 32 anos e provenientes de distintos países, levarán a cabo voluntariamente labores de recuperación e dinamización ambiental ao longo de trece quilómetros dunha desaparecida ruta.
TRAZADO
O inicio da futura ruta de sendeirismo está situado a 14 quilómetros da A-6, con saída en Baralla e O Cereixal. O proxecto foi deseñado polo arquitecto coruñés Xullo López Mouriño, motivado polo valor ambiental da fraga de Baliñas e a zona do río Donsal.

O campo de traballo non conta con ningunha subvención provincial ou estatal, polo que o aloxamento e comida para os voluntarios son fornecidos grazas a colaboracións de diversas empresas como Gadis, La Caixa e Coca-Cola. Tamén existe a posibilidade de facer doazóns na conta bancaria de Caixa Galicia da Coruña, número 2091.0000.34.3040193083.
No hay comentarios:
Publicar un comentario