Idaea pallidata é unha bolboreta de orixe siberiano. Durante un período frío do Pleistoceno expandiuse por Europa, pero ao retirarse o xeo da glaciación foi desaparecendo ata quedar confinada nalgúns cumes. Agora, miles de anos máis tarde, acaba de aparecer nos Ancares, sendo a primeira cita para o país.

Non é a única que revolotea polos montes galegos. As erebias do Xistral son outro exemplo dese pasado de xeo. Pero este caso é único por tratarse da primeira cita veraz da especie na Península, con estudo xenital incluído, clave para a súa identificación. A constatación de que vive a certa altitude refuta supostos avistamentos anteriores. Como introduce o autor no traballo, «cítase fidedignamente por primeira vez en España o geométrido Idaea pallidata» .
Que sexa tan difícil de localizar obedece en parte aos seus hábitos peculiares. «A bolboreta voa entre 1.300 e 1.450 metros e non detectamos exemplares antes do 16 de xuño nin despois do 16 de xullo, como tampouco cando a temperatura baixaba de 15 graos. Esta especie parece comportarse pois como estritamente termófila e heliófila nesta zona». O autor non descarta que poida habitar outros puntos da cordilleira cantábrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario