Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

jueves, 7 de octubre de 2010

O raposo axuda a expandir o bosque galego


É un gran dispersador de millóns de sementes a longa distancia, pero os cazadores cren que existe sobrepoblación
Xavier Lombardero.  O perseguido raposo está a prestar un importante servizo á natureza auxiliando á dispersión de sementes de ata 40 especies arbóreas. Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) demostraron a relación mutualista entre un das árbores, o serbal, e os carnívoros que consomen os seus froitos carnosos. Ignacio Munilla, desde o departamento de Botánica, e José Guitián, do de Bioloxía Celular e Ecoloxía, comprobaron que durante 11 anos os froitos dos serbales estiveron ininterrompidamente na dieta de raposos e martas.
De noite ou polo día comen froitos caídos e ata empolicándose á propia árbore, axudando ao avance do capudre (o seu nome galego) nos Ancares, O Courel e a montaña lleonesa. O raposo 
pode percorrer ata sete quilómetros ao día e o serbal chega polas súas feces a matogueiras ou terreos abandonados, onde prepara o camiño para o bosque maduro. Ademais, comprobouse que nas montañas galegas comen moitas mouras, tezo, arándano, rosa silvestre, endrinos, peral silvestre e ata especies cultivadas como os higos, uvas, cereixas, guindas, peras, mazás, ciruelas...

Investigadores comprobaron durante once anos o seu consumo de serbal no Courel e Os Ancares

«Os raposos galegos comen de todo, en especial ratos, insectos, carroña, desperdicios procedentes de vertedoiros, moitos froitos no outono, aves e moi poucos coellos. O que parece é que busca especificamente os froitos. Non son simplemente unha dieta de reposto senón que os busca aínda que haxa outros alimentos. Son fáciles de consumir fronte a presas que esixen caza, pero podería ser que tivese necesidades de inxerir determinados compoñentes dos froitos», explica Guitián. Os froitos do capudre son moi ricos en taninos e vitamina CO raposo, como carnívoro máis abundante, presta eficaz servizo ao trasladar as sementes, e falta saber como lle afecta a escaseza de serbal algúns anos. Son árbores sincrónicos: o ano sen froitos, non os hai en ningún. Trátase dun recurso habitual tamén para martas, garduñas, xinetas e tejones e que comen en grandes cantidades o xabaril, o oso (tamén come arándanos, castañas ou landras) os ratos e aves, coas distintas especies de zorzal que hai en Galicia.
O raposo forma parte da cadea trófica do campo galego e neste contexto, Guitián asegura que «os campionatos de caza do raposo parécenme patéticos. En calquera caso, toda a caza de raposo debería de estar avalada por estudos ben feitos que demostren claramente que hai unha densidade moi elevada, ou pouca, ou a que sexa. Ninguén demostrou en Galicia que haxa sobreabundancia. Coellos ou perdices non hai, pero por infinidade de razóns que nada teñen que ver co raposo».


2 comentarios:

  1. Los cazadores siempre tienen que buscar disculpas para disparar sus fusiles. Cualquier día se darán cuenta de que hay superpoblación de cazadores y empezarán a matarse unos a otros.

    Muy interesante la entrada, por cierto.

    ResponderEliminar
  2. Si moi certo María, o mais curioso do tema é que a natureza é a que mellor controla as superpoboacions, xá sexa dos depredadores como os herbivoros. A prova son Osos que están expandindose ata Burgos.

    ResponderEliminar