A asociación de criadores de porco celta (Asoporcel) e o Concello da Fonsagrada están a ultimar os preparativos da segunda Festa do Porco Celta, que se celebrará o día 6 de novembro.
Os restaurantes fonsagradinos terán un papel especial neste evento, pois ofrecerán un menú especial baseado en derivados deste porco e produtos típicos da tempada.
A selección de pratos será igual en todos os establecementos. A comida empezará con entrantes de porco celta, seguidos de caldo de castañas. O prato forte será un cocido, elaborado con carne de porco celta. A sobremesa será elixido por cada restaurante, pero terá como ingrediente principal as castañas. O prezo do menú ascende a 25 euros e as reservas poden realizarse directamente nos restaurantes da Fonsagrada.
A feira propiamente dita instalarase na Praza do Museo. Como na primeira edición, colocaranse varias pallozas nas que criadores de porco celta e empresas cárnicas mostrarán os seus produtos.
Un dos atractivos do feiral será a exposición de exemplares de porco celta, facilitados polos criadores de Asoporcel para que o público poida coñecer de primeira man esta raza de porco autóctona de Galicia.
Os porcos celtas críanse en semilibertad nos montes galegos, con sistemas tradicionais e alimentados con produtos totalmente naturais.
Restaurante A Parilla 982 34 00 84
Restaurante O Piñeiral 982 34 03 50
Pulpería O Candal 982 34 00 61
Restaurante Os Chaos 982 34 00 46
Restaurante O Cantábrico 982 34 01 35
Camping A Fonsagrada 982 34 04 49
9Restaurante Prados 982 34 01 95
Hotel Fonte-Sacra 982 34 01 00
Prezo 25 Euros por persoa
Data limite para as reservas: 3 de novembro.
Menú celta: Embutidos, Caldo (Grelos e castañas), Postres elaborados con castañas
No hay comentarios:
Publicar un comentario