Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.
Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas nos soutos; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as rapazas trouxeran as castañas e os rapacins o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapacins xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.A Orixe Celta, O Samhain
En novembro ten lugar en Galicia, Asturies, Llion e Zamora, O Magosto. Sempre puidose celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún recuncho do pobo; pero o seu lugar orixinario foi o monte.
Os celtas non tiñan templos no sentido latino da palabra templum; celebraban as súas festas e as súas cerimonias rituais nun claro do bosque, o chamado Lubre ou Nemeton.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario