Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

sábado, 23 de octubre de 2010

Lendas dos Ancares; "Una cidade nos Ancares, Capara"

Ista é una doble Lenda ou Lenda con dos versions, xá que ainda son dúas historias diferentes, as duas falan dun mito, a cidade dos Ancares; Capara ou Alcaparra.

Versión Ancares Bercians

Transmitido durante xeracións, una historia asombrosa vén sendo contada:
"A cidade de Capara* era un poboado mineiro importante, que situabase a pouca distancia do xacemento de "A Leitosa" e, máis en concreto, no lugar de Veigueliña.
Un día de fornada, cando estaban cocendo, apareceu por alí un home vello e famento, implorando un anaco de pan. Cortaron un pequeno pedazo de masa, póndoo a cocer. Empezou a esponxarse de tal xeito que se formou unha bolla de enormes proporcións. Introduciron un minúsculo anaco de masa, seguidamente, pero a gran sorpresa foi que sucedeu o mesmo. Ante a pouca caridade cristiá dos aldeáns, xurdiu unha persoa que lles recriminou a súa acción.
O visitante-esmoleiro díxolle a este bo e xeneroso home que lle acompañase. Así se encamiñaron nos arredores do pobo, sen mirar cara atrás. Cando tornaron a súa mirada, observaron como a cidade de Capara afundíase pola súa cobiza e ambición.
Crese que o ancián era Deus que quixo pór a proba aos poboadores desta cidade.Contan que, máis ben a comezos do século pasado, chegou un mestre á escola do Estado de Veigueliña. Este home tiña o costume-teima de sacar, de cando en vez, aos seus pupilos do aula e, obrigándoos a mirar cara á Leitosa, mandáballes repetir a seguinte proclama "Viva a cidade de Alcaparra"


Versión Ancares Lucenses*

O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares.

Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Capara* e tiña unha filla á que estexaban dous rapaces.

A nai da rapaza quería que casase co rico mentres que a moza prefería ó máis pobre.

O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla.

Esta é a razón que explica que haxa dúas presas  en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á  obra o que chegou antes coa cal de auga á  cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio.

Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Capara e desapareceu. Por iso quedou o dito:
 

"A cidade de Capara* asulagouse por home bon e muller mala"


*(Capara) No Códice Calixtino, aparece o nome de Capara. A evolución fixo que o nome fose castelanizado por Alcaparra 
* (Version 2) Esta lenda foi recollida a principios da década de mil novecentos noventa á informante Sra. María de Casa Naipes, de Donís, Cervantes.

2 comentarios:

  1. Soy un apasionado de las leyendas, y éstas me gustaron.
    Un saludo..

    ResponderEliminar
  2. É curioso atopar dos lendas tan diferentes pero que falan dun mesmo mito.

    ResponderEliminar