Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

domingo, 15 de agosto de 2010

A extinción do urogallo galego produciuse en apenas tres decenios

O urogallo (Pita de Monte) considérase oficialmente extinguido en Galicia desde o ano 2005 e, a pesar dos esforzos da Xunta, de forma case definitiva, xa que pouco pode facerse para contrarrestar os efectos do cambio climático, causa determinante da desaparición natural da especie en toda a cordilleira Cantábrica. O último exemplar que habitou a nosa comunidade foi probablemente a femia da imaxe, inmortalizada no 2003 nos Ancares, onde o urogallo foi símbolo durante décadas. A imaxe é o símbolo que certifica a extinción real da píta de monte na comunidade.


O autor da fotografía, Jorge Layna, que entón realizaba traballos de seguimento da especie, explica que o quecemento brusco do planeta nas últimas décadas parece ser o responsable da súa extinción. «é un animal adaptado a invernos moi duros e o aumento das temperaturas pode provocar cambios nutricionais nas plantas que constitúen o seu alimento, que á súa vez repercutan na súa capacidade reprodutora. Doutra banda, tamén se observou un atraso xeneralizado do inverno, con primaveras moi chuviosas e máis frías, que afectan á mortaldade nas polladas», matiza Layna.


Hoxe, nos Ancares só quedan dous exemplares de urogallo disecados como trofeo cinexético, que poden visitarse no albergue de Cámpaa de Fieiró. O macho, espectacular polo colorido e tamaño das súas plumas, abateuno o ex presidente da Xunta Manuel Fraga, a principios dos oitenta, cando a poboación ascendía a 50 exemplares. «Un número importante para a superficie dos Ancares», valora Layna, para quen o sorprendente, máis que a propia extinción que podería ser previsible nun prazo máis longo, é o breve espazo de tempo en que se produciu. «En só tres décadas pasamos a non ter ningún urogallo. Chama a atención o esborralle de poboación que se produciu en moi poucos anos, nos últimos oitenta e primeiros noventa, sen que entón puidesen identificarse causas de entidade».


A extinción do urogallo nos Ancares, situados no extremo da súa área de distribución en Europa, ameaza con ser o preludio da súa desaparición en toda a cordilleira Cantábrica, onde a poboación descendeu un 70% desde os oitenta. De feito, o urogallo está practicamente extinguido tamén na parte oriental e central de Asturies, cunha perda de poboación dun 90%, segundo un censo deste ano. Un proxecto Life financiado pola UE achegará sete millóns de euros para evitar que a pita de monte desapareza da franxa cantábrica. E, é máis, para tratar de reintroducirla nalgún dos seus antigos hábitats, como Galicia.


«A medida que as temperaturas foron aumentando, a especie foi desaparecendo da Península, ata localizarse unicamente nos seus sistemas montañosos máis norteños. Hai abundantes referencias literarias que achegan citas de urogallo en sistemas peninsulares fai 100 e 200 anos. Na historia máis recente, só os Pireneos e a cordilleira Cantábrica contaron coa súa presenza», apunta o biólogo Jorge Layna. A Voz

9 comentarios:

  1. Hola. Enhorabuena por el blog. Lo sigo habitualmente y sus temas me interesan.

    Soy frecuente pateador de los bosques de Ancares. Sobre todo los de León, aunque conozco alguno de Lugo. Hace no más de un año, en octubre de 2009, vi una urogallina en un bosque de Ancares, en la parte de León. Supongo que queda algún ejemplar peor dadas las características de esta especie es difícil que se reproduzcan entre ellos y por tanto se considera la especie extinguida.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Desgraciadamente la situación del urogallo se ha complicado mucho en toda la cordillera cantábrica, y no solo en Ancares, y la única manera de que la pita de monte volviera a Galicia, sería crear un bosque continuo desde el puerto de Ancares al de Pedrafita, sino será difícil que vuelvan las femias. Por cierto ¿recuerdas donde viste la hembra?

    Si os interesa el tema, se acaba de dar a conocer una población rarísima en Leon de unos 40 urogallos "mediterráneos", que soportan un mes de sequía y viven en bosques de melojo.

    http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/15/castillayleon/1279203610.html

    ResponderEliminar
  3. Hai unos 20 anos cruzóuseme unha pita do monte femia no bosque de os Cabaniños, estón seguro que exemplares quedan, outra cousa é que se reproduzan.
    Por certo, no fai falta que se cree unha mancha continua de bosque pra que estes animais podan vivir, a proba está neses exemplares que viven nos Montes de León, cunha cobertura arbórea e arbustiva menor que nos Ancares galegos, e con menos alimento dosponible.
    Un saúdo.
    Miguel V. Trabadelo. León.

    ResponderEliminar
  4. A Pita do monte gustalle os bosques de entre 1200 e 1400 metros de altitude, onde pode atopar arandos e acebais, aínda que iso non quita de que aparezan casos estraños como Mansín, un galo que baixaba aos pueblos do parque asturiano de Redes, ou dos urogallos "mediterraneos" dos Montes de Leon.

    ResponderEliminar
  5. Bueno, creo que non se poden calificar de mediterráneos as reboleiras dos montes de León, onde se localiza unha población de galos. son bosques de tendencia atlántica, con acivros, bidueiros, teixos,...Tamén hai abundantes reboleiras no val do Navia e ninguén di que son mediterráneos.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Hola TerraCelta. La urogallina la vi en el Valle de Ancares.

    Respecto lo que comentas de hacer un corredor para que el urogallo pase a Lugo hay varios lugares muy buenos, pero sobre todo dos:

    Como bien dices, uno en el Puerto de Ancares, pero más concretamente por la parte sur de Peña Venera donde el roble casi alcanza la cordal desde el este y está creciendo también en la ladera oeste. con un poco de ayuda eso quedaría listo en poco tiempo.

    El otro lugar sería unir los bosques de Campo del Agua por la ladera sur del Tres Obispos con los de Lugo.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  7. Si muy cierto, la extensión de los bosques a ambos lados del cordal deja un poco de desear, aunque son de excelente calidad, su área sigue siendo pequeña para que as pitas e galos encuentren la tranquilidad necesaria. Supongo que casi nula presencia de hayedos tampoco ayuda a su expansión.

    ResponderEliminar
  8. Lo de los hayedos nunca será posible. Se necesita terreno calizo para su crecimiento y los Ancares suele ser granítico-cuarcítico-pizarroso. Los más cercanos están en Chano por el lado del Valle de Fornela en el este y por el oeste (el más occidental de España) el de Busmayor, pero éste está al otro lado de la A6.

    Saludos

    ResponderEliminar
  9. Perdón por la tardanza en responder. No te creas rapaz, yo pensaba que no existían, pero si existen. El mas cercano está en los mismos Ancares, el faial de Pintinidoira, ademas están apareciendo hayas en Pan do Zarco, y también las hay un poco al norte en A Marronda y Carballido, ya en terras de A Fonsagrada. Según parece, si bien es determinante el suelo calizo, por su permeabilidad, el haya se encuentra en plena colonización de Galicia, y puede aparecer en suelos que generen la humedad que necesita este árbol.

    ResponderEliminar