Caza e Pesca TV (Digital+) estrea o luns 23 de agosto ás 19.00 horas unha serie de documentais producidos polo produtor Yago Mazoy e patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo que aborda as Reservas da Biosfera da provincia de Lugo.
O documental que estrease este luns a canle estará dedicado á flora, fauna, costumes e paisaxes dos Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá (23 agosto, 19.00 horas), e será unha boa forma de gozar destes espazos exclusivos.
As Reservas da Biosfera son un recoñecemento internacional cara ás contornas humanas que permitiron a conservación de importantes valores naturais, en convivencia cos usos tradicionais. Así pois, son a representación tanxible do actual concepto de desenvolvemento sostible.
Presentada en tres capítulos de media hora de duración móstranse, a través de imaxes de gran vistosidade , algúns dos valores naturais e etnográficos das 3 Reservas da Biosfera da Provincia de Lugo. 'Terras do Miño', 'Os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá' e 'Río Eo, Oscos e Terras de Burón'. Unha boa forma de gozar da fauna e a flora, os costumes e as paisaxes destes espazos exclusivos.
Emisions
lunes, 23 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario