Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

jueves, 19 de agosto de 2010

Achada nos Ancares unha bolboreta da época glacial

É a primeira vez que atopase na Península


Idaea pallidata é unha bolboreta de orixe siberiano. Durante un período frío do Pleistoceno expandiuse por Europa, pero ao retirarse o xeo da glaciación foi desaparecendo ata quedar confinada nalgúns cumes. Agora, miles de anos máis tarde, acaba de aparecer nos Ancares, sendo a primeira cita para o país.
O país ten oficialmente unha bolboreta máis grazas ao estudo do lepidopterólogo galego Eliseo Fernández Vidal, que achou na pista que dá acceso ao pico Tres Bispos abundantes exemplares de Idaea pallidata. A súa localización máis próxima ata a data era no nordeste de Francia.


Non é a única que revolotea polos montes galegos. As erebias do Xistral son outro exemplo dese pasado de xeo. Pero este caso é único por tratarse da primeira cita veraz da especie na Península, con estudo xenital incluído, clave para a súa identificación. A constatación de que vive a certa altitude refuta supostos avistamentos anteriores. Como introduce o autor no traballo, «cítase fidedignamente por primeira vez en España o geométrido Idaea pallidata» .


Que sexa tan difícil de localizar obedece en parte aos seus hábitos peculiares. «A bolboreta voa entre 1.300 e 1.450 metros e non detectamos exemplares antes do 16 de xuño nin despois do 16 de xullo, como tampouco cando a temperatura baixaba de 15 graos. Esta especie parece comportarse pois como estritamente termófila e heliófila nesta zona». O autor non descarta que poida habitar outros puntos da cordilleira cantábrica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario